Tadao Ando: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: simple:Tadao Ando
Liña 70: Liña 70:
[[ro:Tadao Ando]]
[[ro:Tadao Ando]]
[[ru:Андо, Тадао]]
[[ru:Андо, Тадао]]
[[simple:Tadao Ando]]
[[sk:Tadao Andó]]
[[sk:Tadao Andó]]
[[sr:Tadao Ando]]
[[sr:Tadao Ando]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2011 ás 18:17

Modelo:Caracteresxaponeses

Museo de Arte Moderna, Fort Worth.

Tadao Ando (en xaponés 安藤忠雄 Andō Tadao), nado o 13 de setembro de 1941 en Osaka, é un arquitecto xaponés cuxo estilo arquitectónico se clasifica ás veces coma Critical Regionalism (Rexionalismo Crítico). Cunha traxectoria un pouco singular, traballou coma camioneiro e boxeador antes de ser arquitecto e sen contar coa formación académica da profesión, é un dos arquitectos xaponeses con máis recoñecemento dentro e fóra do seu país. Foi galardoado co Premio Pritzker no ano 1995.

Traballa primeiramente con formigón para encofrados "in situ", sendo recoñecido o seu traballo por unha exemplar artesanía que invoca o sentido xaponés de materialidade, unión e narrativa espacial a través da simple estética do modernirmo internacional. Os seus edificios caracterízanse por complexos camiños tridimensionais. Estes camiños líganse entre espazos exteriores e interiores, formados ambos a grande escala xeométrica e nos espazos entre eles.

No ano 1969 estableceu a firma Tadao Ando Architects & Associates.

A súa "Row House" (Casa en fila), unha pequeda casa de dous plantas, feita con formigón in situ e rematada no ano 1976, é un dos seus primeiros traballos que amosa elementos do seu característico estilo. Consiste en tres volumes rectangulares iguais: dous volumes interiores separados por un patio aberto. Pola natureza da posición do patio entre os dous volumes interiores, este convértese nunha parte integral do sistema de circulación da casa.

No 1995, Ando gañou o prestixioso Premio Priztker da Arquitectura. Doou os 100.000 dólares aos nenos orfos do terremoto de Kobe dese mesmo ano.

Principais proxectos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:PremiosPritzker