Montanismo: Diferenzas entre revisións
m -{{seniw}} |
m r2.7.1) (Bot: Engado: bar:Montanismus |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
[[ar:مونتانية]] |
[[ar:مونتانية]] |
||
[[bar:Montanismus]] |
|||
[[ca:Montanisme]] |
[[ca:Montanisme]] |
||
[[cs:Montanismus]] |
[[cs:Montanismus]] |
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2011 ás 16:23
O montanismo é un movemento apocalíptico dentro do cristianismo primitivo fundado na segunda metade do século II por Montano [1]. Oriundo de Frixia, foi considerado un profeta polos seus seguidores. Defendía unha moral rigorosa e rexeitaba a penitencia como porta de volta á Igrexa. Esta debía estar pechada para os que, tras o bautismo, foran pecadores ou febles. Xunto coas profetisas Prisca e Maximila pronunciou os oráculos montanistas.
Os montanistas acusaban dunha moral flexible á xerarquia eclesiástica obediente a Roma e aos cristiáns fieis ao Papa tachábanos como cristiáns meramente psíquicos, mentres eles eran animados pola forza auténtica do alento de Deus e se consideraban pneumáticos[2] . Agardaban a inminente manifestación do Espírito e o descendemento da Xerusalén celeste. Adquiriron gran prestixio cando un dos Pais da Igrexa, o respetado Tertuliano, se adheriu a esta corrente.
Notas
- ↑ Ehrman, Bart D. Los cristianismos perdidos. Los credos proscritos del Nuevo Testamento. Ed. Ares y Mares, Barcelona, 2004 pp 224-226. ISBN 978-84-9892-042-0
- ↑ Laporte, Jean, Los Padres de la Iglesia. Ed. San Pablo. Madrid, 2004, pax 734 e 735. ISBN 84-285-2541-2