Economía de Curaçao: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: oc:Economia de Curaçao |
m Bot: Cambio Categoría:Economía por país por Categoría:Economía por países |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
[[Categoría:Economía por |
[[Categoría:Economía por países|Curaçao]] |
||
[[Categoría:Curaçao]] |
[[Categoría:Curaçao]] |
||
Revisión como estaba o 18 de agosto de 2011 ás 18:39
Turismo, refino de petróleo e o sistema bancario internacional son as principais actividades da pequena economía de Curaçao, a cal é moi dependente do exterior. A pesar dun pequeno crecemento do PIB durante a última década, a illa goza dun elevado PIB per cápita e unha infraestrutura ben desenvolvida, cando comparada a outros países da rexión.[1]Curaçao ten un excelente porto que pode recibir grandes barcos petroleiros. A empresa estatal de Venezuela aluga a única refinaría de petróleo da illa do goberno. A maior parte do petróleo é importado de Venezuela, e os derivados do refino son exportados aos Estados Unidos.[1]
Case todos os bens de capital e de consumo son importados, sendo os Estados Unidos, Brasil, Italia e México os principais fornecedores.[1]O goberno busca diversificar a industria e o comercio, e asinou un acordo coa Unión Europea con miras a expandir os negocios con ela. O solo pobre e a escaseza de auga impiden o desenvolvemento da agricultura. Problemas orzamentarios complican a reforma do sistema de saúde, xubilación e pensións, para unha poboación cada vez máis vella.[1]