Lingua dari: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: vi:Tiếng Dari (Ba Tư)
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eo:Daria lingvo
Liña 137: Liña 137:
[[da:Dari]]
[[da:Dari]]
[[en:Dari (Persian)]]
[[en:Dari (Persian)]]
[[eo:Daria lingvo]]
[[es:Dari]]
[[es:Dari]]
[[et:Dari keel]]
[[et:Dari keel]]

Revisión como estaba o 11 de agosto de 2011 ás 09:38

Darí
دری
Pronuncia:/dæˈɾi/
Outros nomes:Darí persa, Persa afgán
Falado en: Afganistán
Rexións: Do sueste ao nordeste do Afganistán
Total de falantes: 8.000.000 (con tódalas variedades)
Familia: Indoeuropea
 Irania
  occidentais
   occidentais meridionais
    Rama persa
     Darí
Escrita: Escrita perso-arábiga
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Si
Regulado por: Academia das Ciencias de Afganistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: prs
SIL: prs
Mapa
[[Ficheiro:]].
Status

O darí (en darí دری, pronunciado /dæˈɾi/) é unha das linguas iranias falada en Afganistán, é ademais lingua oficial xunto co paxtún. Tamén é coñecido coma persa darí (en darí فارسی دری, pronunciado /fɒːɾsije dæˈɾi/) ou persa afgano. É a principal lingua do país, falada polo 60% da poboación (se xuntamos o aimaq, o hazaraguí e o propio darí) principalmente no sur e centro do país, e preto de Kabul. É a principal lingua de comunicación dos pobos taxico, hazara e aimaq. A lingua serve á súa vez coma medio de comunicación entre diferentes pobos do Afganistán.

A sintaxe darí non o defire moito do persa, aínda que o acento forte sexa menos expresivo no persa afgán do que no persa iraniano. Moitos lingüistas (incluídos lingüistas iranianos) consideran o darí como unha lingua ou un dialecto á parte; eles considérano a lingua escrita e chaman persa ou, mellor dito, persa afgán á lingua falada. Entre os motivos para isto están:

  • o darí existe hai séculos, antes mesmo de existir o Afganistán; e as diferenzas fonéticas e léxicas entre Irán e Afganistán causan máis que algunha dificultade na comprensión.
  • o termo é usado por estudosos iranianos e taxicos para se referir à lingua persa media que se desenvolveu en Afganistán;
  • afgán, no seu sentido orixinal, refírese soamente aos paxtúns, que non falan persa, mais si o paxtún.
  • a lingua darí falada no Afganistán é diferente da falada polos zoroástricos que viven en Yazd e Kerman, no Irán, a cal é tamén chamada de darí ou gabrí.
  • moitos falantes de darí son tamén capaces de falar e entender linguas de países veciños, tales como a India.

O darí xunto co taxico (falado no norte de Afganistán ata o mesmo Kabul) son dialectos do persa coma o propio persa o é de si mesmo, é dicir o persa antigo (525 a.C. - 300 a.C., período aqueménida) derivou no persa medio (300 a.C.-800 d.C., período sasánida, escritura pahlaví), e este á súa vez derivou no persa moderno (800 a.C.-ata hoxe en día, escritura perso-arábiga). Durante estes 1.200 anos é onde se desenvolve o período clásico da lingua persa e a lingua vai evolucionando enormemente ao longo do tempo formándose á súa vez o darí, o taxico e modelándose o que se coñece hoxe coma parsí(pronunciación árabe) ou farsí (pronunciación autóctona) o persa contemporáneo enriquecéndose todas elas con empréstimos ingleses, franceses e rusos, principalmente, como en calquera outra lingua. Hoxe en día é a Academia Afgá das Ciencias a encargada da fixación do darí.

O darí conta con varios dialectos: o heratí, o parsiwan, o khorasaní, o aimaq, o harzaraguí, o taxiquí e o cabolí. A principal diferenza do aimaq e o hazaraguí é que contan con moito vocabulario das linguas túrquicas e mongois, e o cabolí e o taxiquí están moitísimo máis próximos ao taxico que ao darí.

Fonética

O sistema vocálico

O darí consta de 8 vogais, das que 5 son longas /ī ē ū ō ā/ e estables 3 son curtas /a e o/ e inestables.

Transcrición IFA
Anterior Posterior
Pechada   i u
Semipechada ɪ        ʊ
Medio aberta    ɛ ɔ  
aberta a      ɒ
     
Transcrición latina
Anterior Posterior
Pechada    ī ū
Semipechada e        o
Medio aberta    ē ō  
aberta a     ā

O vocalismo literario é bastante conservador en comparación co persa e taxico e é máis próximo ao taxico (aínda que nos dialectos o vocalismo pode ser máis simplificado).

Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:

Persa clásico ā a ē i ī ō u ū
Persa moderno ā a ī e ī ū o ū
Darí ā a ē e i ō o u
Hazaraguí o a e i i ū u u
Taxico o a e i i ů u u

Obsérvese como a medida que avanzamos cara o norte o vocalismo vaise parencedo ao taxico mentres que cara ao sur parécese máis ao persa.

Sistema consonántico

Ligazón externa