Moral: Diferenzas entre revisións
m r2.5.2) (Bot: Engado: la:Moralitas |
m r2.6.4) (Bot: Engado: sah:Мораль |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
[[ro:Morală]] |
[[ro:Morală]] |
||
[[ru:Мораль]] |
[[ru:Мораль]] |
||
[[sah:Мораль]] |
|||
[[sh:Moral]] |
[[sh:Moral]] |
||
[[simple:Morality]] |
[[simple:Morality]] |
Revisión como estaba o 15 de xullo de 2011 ás 20:20
A moral (do latín mos, mores, "costumes") é un conxunto de normas ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura, etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de acción) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro ás devantidas regras).
A moral ten unha dobre vertente, social e individual. É social porque só se dá en comunidade, xa que depende dunhas necesidades sociais e cumpre unha función social. É individual porque as persoas interiorizan as normas recebidas e manteñen un certo degrao de adhesión (e rexeitamento) ás normas establecidas e sancionadas pola comunidade.
Un acto moral é a manifestación concreta do comportamento moral dos individuos. Ten carácter consciente e voluntario e supón unha participación libre do individuo na súa realización.
Moral como adxectivo
Unha acción é moral cando pode ser clasificada como boa ou mala, como correcta ou incorrecta.