Florín florentino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Arranxo en "Bibliografía"
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:


== Historia ==
== Historia ==
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].


O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a flor de lis, emblema de [[Florencia]], coa lexenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a flor de lis, emblema de [[Florencia]], coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).


O prestixio do florín florentino debeuse en gran medida á constancia do seu peso e á pureza da súa lei. Tratábase dunha moeda moi valorada polo seu peso de 3,5 gramos de ouro de case 24 quilates,<ref>O ouro puro é o de 14 quilates.</ref> a máis alta lei das moedas desta época.
O prestixio do florín florentino debeuse en gran medida á constancia do seu peso e á pureza da súa lei. Tratábase dunha moeda moi valorada polo seu peso de 3,5 gramos de ouro de case 24 quilates,<ref>O ouro puro é o de 14 quilates.</ref> a máis alta lei das moedas desta época.
Liña 11: Liña 11:
O seu valor era de vinte soldos (''solidus''), porén, a súa calidade insuperábel fixo que tan só vinte anos despois da súa primeira emisión xa valera trinta soldos. Tanta foi a súa estimación que o florín pronto se erixiu como moeda de conta en toda Europa. Até finais do século XIII foi gañando en valor e prestixio, que comezou a decaer coa crise monetaria do [[século XV]] e a aparición de imitacións de menor calidade no resto de Europa.
O seu valor era de vinte soldos (''solidus''), porén, a súa calidade insuperábel fixo que tan só vinte anos despois da súa primeira emisión xa valera trinta soldos. Tanta foi a súa estimación que o florín pronto se erixiu como moeda de conta en toda Europa. Até finais do século XIII foi gañando en valor e prestixio, que comezou a decaer coa crise monetaria do [[século XV]] e a aparición de imitacións de menor calidade no resto de Europa.


No [[século XIV]] era a moeda modelo en Occidente, e comezan as cuñacións de floríns que manteñen a súa tipoloxía e iconografía en [[Alemaña]], [[Inglaterra]], [[Francia]], os [[Países Baixos]], [[Portugal]], [[Suecia]], [[Polonia]], [[Rusia]] e [[Aragón]]. Excepto en Francia (onde a imaxe do Bautista foi substituida polo brasón da Casa de Anjou e Xerusalén), todas as imitacións utilizaron a mesma tipoloxía, só substituíndo a lexenda de Florencia pola do reino onde se emitían.
No [[século XIV]] era a moeda modelo en Occidente, e comezan as cuñacións de floríns que manteñen a súa tipoloxía e iconografía en [[Alemaña]], [[Inglaterra]], [[Francia]], os [[Países Baixos]], [[Portugal]], [[Suecia]], [[Polonia]], [[Rusia]] e [[Aragón]]. Excepto en Francia (onde a imaxe do Bautista foi substituída polo brasón da Casa de Anjou e Xerusalén), todas as imitacións utilizaron a mesma tipoloxía, só substituíndo a lenda de Florencia pola do reino onde se emitían.


Pronto reduciuse a lei destes floríns, sobre todo o aragonés, a 18 quilates, e se produciron mermas no peso con respecto aos floríns orixinais, o que acabou producindo o desprestixio do florín que, no [[século XV]], foi substituido como moeda de ouro de referencia polo [[Ducado (moeda)|Ducado de Venecia]].
Pronto reduciuse a lei destes floríns, sobre todo o aragonés, a 18 quilates, e se produciron diminucións no peso con respecto aos floríns orixinais, o que acabou producindo o desprestixio do florín que, no [[século XV]], foi substituído como moeda de ouro de referencia polo [[Ducado (moeda)|Ducado de Venecia]].


==Notas==
==Notas==
Liña 20: Liña 20:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* Rueda Sabater, Mercedes: [http://revistas.ucm.es/ghi/02143038/articulos/ELEM8484220865A.PDF "El florín: un "dólar" bajomedieval"] {{es}}
* Rueda Sabater, Mercedes: [http://revistas.ucm.es/ghi/02143038/articulos/ELEM8484220865A.PDF "El florín: un "dólar" bajomedieval"] {{es}}.


[[Categoría:Numismática]]
[[Categoría:Numismática]]

Revisión como estaba o 5 de xullo de 2011 ás 15:05

Florín de ouro de Florencia de 1340.

O florín florentino (fiorino d'oro en italiano) foi unha moeda medieval emitida en Florencia desde 1252, que se converteu na moeda de ouro de referencia en Europa nos séculos XIII e XIV.

Historia

A mediados do século XIII a República de Florencia era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o século XII: o soldo bizantino e o dinar islámico.

O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na Coroa de Aragón, onde Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, comezou a cuñar o florín aragonés. Esta foi, no anverso, a flor de lis, emblema de Florencia, coa lenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).

O prestixio do florín florentino debeuse en gran medida á constancia do seu peso e á pureza da súa lei. Tratábase dunha moeda moi valorada polo seu peso de 3,5 gramos de ouro de case 24 quilates,[1] a máis alta lei das moedas desta época.

O seu valor era de vinte soldos (solidus), porén, a súa calidade insuperábel fixo que tan só vinte anos despois da súa primeira emisión xa valera trinta soldos. Tanta foi a súa estimación que o florín pronto se erixiu como moeda de conta en toda Europa. Até finais do século XIII foi gañando en valor e prestixio, que comezou a decaer coa crise monetaria do século XV e a aparición de imitacións de menor calidade no resto de Europa.

No século XIV era a moeda modelo en Occidente, e comezan as cuñacións de floríns que manteñen a súa tipoloxía e iconografía en Alemaña, Inglaterra, Francia, os Países Baixos, Portugal, Suecia, Polonia, Rusia e Aragón. Excepto en Francia (onde a imaxe do Bautista foi substituída polo brasón da Casa de Anjou e Xerusalén), todas as imitacións utilizaron a mesma tipoloxía, só substituíndo a lenda de Florencia pola do reino onde se emitían.

Pronto reduciuse a lei destes floríns, sobre todo o aragonés, a 18 quilates, e se produciron diminucións no peso con respecto aos floríns orixinais, o que acabou producindo o desprestixio do florín que, no século XV, foi substituído como moeda de ouro de referencia polo Ducado de Venecia.

Notas

  1. O ouro puro é o de 14 quilates.

Véxase tamén

Bibliografía