Sisto I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: eu:Sixto I.a
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 25: Liña 25:
[[ast:Sistu I]]
[[ast:Sistu I]]
[[be:Сікст I, Папа Рымскі]]
[[be:Сікст I, Папа Рымскі]]
[[be-x-old:Сыкст I (папа рымскі)]]
[[bg:Сикст I]]
[[bg:Сикст I]]
[[br:Sikstus Iañ]]
[[br:Sikstus Iañ]]

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2011 ás 12:01

Papa Sisto I

Sisto I, chamado logo san Sisto, nado probablemente en Roma e morto tal vez na mesma cidade en 126, foi bispo cristián de Roma entre o 113 e o 126[1].

Vida e pontificado

Como na maior parte dos primeiros papas, pouco se sabe da súa vida e do seu labor profesional, e os feitos que se lle atribúen son a miúdo dubidosos. Crese que procedía dunha familia da Elvidia (Grecia), e o Liber pontificalis di que sistematizou algúns ritos prohibindo que os obxectos sagrados fosen tocados por persoas que non fosen ministros oficiados. Tamén se lle atribúe o triplo canto do Sanctus na misa, a norma de que os bispos que van a Roma deben regresar ás súas dioceses cunha misiva de comuñón co papa, e unhas epístolas apócrifas sobre a doutrina da Trindade.

Durante o seu pontificado comezan a rexistrarse as primeiras diferenzas entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa de Oriente, por canto esta xa celebraba a Pascua.

Morte e santidade

Como todos os papas que o foron antes da emisión do Edicto de Milán, é considerado santo. Ademais, a Igrexa teno por mártir e venérao o 6 de abril a canda os outros papas santos co mesmo nome Sisto II e Sisto III, se ben non está probado que fose asasinado polas súas crenzas.

Foi soterrado no Vaticano por mandato de Pascual I. As súas reliquias atoparíanse pois neste templo, e mais nas catedrais de Alatri e de Alife, dúas vilas do interior de Italia, ata onde serían levadas na Idade Media.

Parroquias galegas

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Sisto.

Referencias

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes, The Catholic Book Club, Londres, 1939.

Modelo:PapS-II