Bésta: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: nn:Armbrøst |
m Bot: Engado: ang:Ȝelocen boȝe; cambios estética |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outroshomónimos|Bésta}} |
{{Outroshomónimos|Bésta}} |
||
[[ |
[[Ficheiro: DaVinci Crossbow.JPG|thumb|250px |Bésta trazada por [[Leonardo da Vinci]], c. 1500]] |
||
A '''bésta''' é unha [[arma]] antiga que se difunde en [[Europa]] no [[século X]] como evolución e perfeccionamento do primitivo [[arco]] e [[frecha]]. |
A '''bésta''' é unha [[arma]] antiga que se difunde en [[Europa]] no [[século X]] como evolución e perfeccionamento do primitivo [[arco]] e [[frecha]]. |
||
== Historia== |
== Historia == |
||
Puido ser inventada polos [[china|chineses]] e foi coñecida polos [[romano]]s. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a [[Idade Media]]. Desprezada polos [[cabaleiro]]s, foi prohibida pola [[Igrexa]] contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido [[síncope|sincopada]] do [[lingua italiana|italiano]] ''balestra'', que por súa vez deriva do [[latín]] tardío ''ballistra'' ou ''arcuballistra''. |
Puido ser inventada polos [[china|chineses]] e foi coñecida polos [[romano]]s. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a [[Idade Media]]. Desprezada polos [[cabaleiro]]s, foi prohibida pola [[Igrexa]] contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido [[síncope|sincopada]] do [[lingua italiana|italiano]] ''balestra'', que por súa vez deriva do [[latín]] tardío ''ballistra'' ou ''arcuballistra''. |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[Categoría:Armamento]] |
[[Categoría:Armamento]] |
||
[[ang:Ȝelocen boȝe]] |
|||
[[be:Арбалет]] |
[[be:Арбалет]] |
||
[[bg:Арбалет]] |
[[bg:Арбалет]] |
Revisión como estaba o 24 de maio de 2011 ás 06:04
A bésta é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e frecha.
Historia
Puido ser inventada polos chineses e foi coñecida polos romanos. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a Idade Media. Desprezada polos cabaleiros, foi prohibida pola Igrexa contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido sincopada do italiano balestra, que por súa vez deriva do latín tardío ballistra ou arcuballistra.
O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituida finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as coirazas. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanimos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.
Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha loriga a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un rifle) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en Gales (Illas Británicas): mentres o besteiro disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e rexo arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a casi 300 metros de distancia.
A resistencia das armaduras fora aumentando co progreso da siderurxia, o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de aceiro a comezos do século XIV, que substituiu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituiu o anticipo máis equivalente das armas de fogo. Como nestas, a bésta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril da frecha para aliñalo co branco ao que se tiraba. A a súa efectividade a distancia só foi superada pola pólvora. Os soldados que portaban esta arma chamábanse "besteiros".
A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calquera inexperto podía matar a distancia un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu una bula papal onde se previña á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".
A bésta utilízase na actualidade como deporte, se ben non ten a categoría de deporte olímpico, como si o ten o tiro con arco.
Tamén se denomina bésta a arma empregada na pesca submarina.