Xoán Vidal Martínez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de abril de 2011 ás 10:28

Xoán Vidal Martínez, nado en Pontevedra en 1904 e finado na mesma vila en 1994, foi un poeta galego.

Pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Xosé María Álvarez Blázquez. Publicou Mágoas en lingua galega e Alcor e Los senderos inútiles en lingua castelá. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou Alborada (de corte nacionalista) e Cristal, estas dúas de carácter literario.

Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, , do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo Alzamento Nacional foi represariado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre.