Docetismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: id:Doketisme
m r2.7.1) (bot Engadido: ka:დოკეტიზმი
Liña 24: Liña 24:
[[it:Docetismo]]
[[it:Docetismo]]
[[ja:仮現説]]
[[ja:仮現説]]
[[ka:დოკეტიზმი]]
[[ko:가현설]]
[[ko:가현설]]
[[li:Docetisme]]
[[li:Docetisme]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2011 ás 23:50

O docetismo é unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa Católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo somentes podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Encarnación e á Resurrección de Cristo. Deu lugar a grandes polémicas no cristianismo primitivo e foi combatida xa dende entón por figuras sobranceiras como Ignacio de Antioquía. Os gnósticos eran docetas.

Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.

O Corán afirma que a crucifixion de Xesús de Nazareth só foi un espellismo. Para o Islam un profeta tan excelso non podía morrer na cruz.