Voda: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
{{wikiquote}} A Galicitas posúe citas sobre: |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
==Notas== |
==Notas== |
||
{{referencias}} |
{{referencias}} |
||
{{wikiquote|Casamento}} |
|||
[[Categoría:Familia]] |
[[Categoría:Familia]] |
||
[[Categoría:Socioloxía]] |
[[Categoría:Socioloxía]] |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2011 ás 18:52
Unha voda, ou casamento, é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
En Galiza
En 2009 casaron en Galiza un total de 10.658 parellas, das que o 50,1%, optaron por facelo en cerimonias civís, superando por vez primeira estas a aqueloutras de corte relixioso. A tendencia é común ás catros provincias[1].
O casamento na cultura popular galega
- Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
- Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
- Día de casamento, día de contento.
- O día da voda deixade á noiva que se compoña.
- O día que me casei, boa cadea me botei.
- O día que te casas, ou te curas ou te matas.
- O día que te cases, ten coidado non te manques.
- Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
- Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
Notas
- ↑ "As cerimonias civís gañan terreo ás relixiosas en Galicia", artigo de Olaia Ucha en El Progreso, 6 de setembro de 2010.
A Galicitas posúe citas sobre: Voda |