Heroe do Traballo Socialista: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: lv:Sociālistiskā Darba Varonis
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 24: Liña 24:
[[lt:Socialistinio darbo didvyris]]
[[lt:Socialistinio darbo didvyris]]
[[lv:Sociālistiskā Darba Varonis]]
[[lv:Sociālistiskā Darba Varonis]]
[[nl:Held van de Socialistische Arbeid]]
[[nl:Held van de Socialistische Arbeid (Sovjet-Unie)]]
[[no:Helt av det sosialistiske arbeid (Sovjetunionen)]]
[[no:Helt av det sosialistiske arbeid (Sovjetunionen)]]
[[pl:Bohater Pracy Socjalistycznej]]
[[pl:Bohater Pracy Socjalistycznej]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2011 ás 20:21

Heroe do Traballo Socialista (en ruso Герой Социалистического Труда, trasliterado como Geroi Sotsialisticheskogo Truda) era un título honorífico na Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, a máxima distinción para progresos excepcionais na cultura e economía do país. Creado o 27 de decembro de 1938 por decreto do Presidium do Soviet Supremo, era entregado polo mesmo Presidium a quen tivera contribuido ó desenvolvemento da industria, agricultura, transporte, tecnoloxía e comercio soviéticos, potenciando así o poderío e a gloria da Unión. Só o Presidium podía retirarlle o título a alguén.

Aos heroes do traballo socialista lles era outorgada a Orde de Lenin, unha das máis outas condecoracións outorgadas pola Unión Soviética, así como un diploma do Presidium do Soviet Supremo. Co obxecto de distinguir especialmente ós portadores da distinción, o Presidium introduciu a medala de ouro Fouce e Martelo o 22 de maio de 1940. Psaouse a entregar entón a medala xunto coa Orde de Lenin e o diploma correspondente. A medala sempre lévase sen cinta, ó igual que a medala ó Heroe da Unión Soviética.

Se un heroe do traballo socialista voltaba a ser merecedor da distinción, se lle outorgaba unha segunda medala Fouce e Martelo. Adicionalmente, construíase na cidade natal do Doble Héroe unha escultura do seu busto en bronce para celebrar a ocasión. Para o 1 de setembro de 1971, 16.245 persoas foran premiadas co título de Heroe do Traballo Socialista. Á súa vez, 105 personas recibiran dúas ou máis medalas Fouce e Martelo.