Liño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sco:Lint; cambios estética
m r2.6.3) (bot Engadido: ar, bn, fa, gn, io, lv, mr, new Modificado: cs, hi
Liña 46: Liña 46:
[[Categoría:Plantas]]
[[Categoría:Plantas]]


[[ar:كتان]]
[[bg:Културен лен]]
[[bg:Културен лен]]
[[bn:তিসি]]
[[ca:Lli]]
[[ca:Lli]]
[[chr:ᎤᎦᏔ]]
[[chr:ᎤᎦᏔ]]
[[cs:Len]]
[[cs:Len setý]]
[[da:Almindelig Hør]]
[[da:Almindelig Hør]]
[[de:Gemeiner Lein]]
[[de:Gemeiner Lein]]
Liña 58: Liña 60:
[[et:Harilik lina]]
[[et:Harilik lina]]
[[eu:Liho]]
[[eu:Liho]]
[[fa:کتان‌ (گیاه)]]
[[fi:Pellava]]
[[fi:Pellava]]
[[fr:Lin cultivé]]
[[fr:Lin cultivé]]
[[gn:Lino]]
[[he:פשתן]]
[[he:פשתן]]
[[hi:सन]]
[[hi:अलसी]]
[[hsb:Prawy len]]
[[hsb:Prawy len]]
[[hu:Len]]
[[hu:Len]]
[[ia:Lino]]
[[ia:Lino]]
[[id:Flax]]
[[id:Flax]]
[[io:Lino]]
[[it:Linum usitatissimum]]
[[it:Linum usitatissimum]]
[[ja:アマ (植物)]]
[[ja:アマ (植物)]]
Liña 73: Liña 78:
[[li:Vlas]]
[[li:Vlas]]
[[lt:Sėjamasis linas]]
[[lt:Sėjamasis linas]]
[[lv:Sējas lini]]
[[ml:ചെറുചണ]]
[[ml:ചെറുചണ]]
[[mn:Маалинга]]
[[mn:Маалинга]]
[[mr:जवस]]
[[new:सन]]
[[nl:Vlas]]
[[nl:Vlas]]
[[nn:Lin]]
[[nn:Lin]]

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2011 ás 19:52

Liño
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Linaceae
Xénero: Linum
Nome científico
Linum usitatissimum
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O liño é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

Flor de liño

Historia

Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.

As zonas de cultivo

Encóntranse hoxe en dia case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores cualidades de liño.

Tipos

Plantanse tres tipos de liño:

  • Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
  • Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
  • Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.

O liño na Galiza

Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".
"Restrelo" para aseda-lo liño.

O liño foi a fibra tradicional cultivada na Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, nomeadamente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.

En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]

O liño na cultura popular galega

Refraneiro

  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño. [2]

Cantigueiro

  • Hei ir á fía esta noite,/ e hei de matar o candil,/ e heille mazar a cotena/ a un 'majo' que campa alí.

Referencias

  1. Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)
  2. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.

Ligazóns externas