Voda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ca:Casament
Liña 31: Liña 31:
[[bg:Сватба]]
[[bg:Сватба]]
[[br:Eured]]
[[br:Eured]]
[[ca:Casament]]
[[cs:Svatba]]
[[cs:Svatba]]
[[cv:Туй]]
[[cv:Туй]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2011 ás 12:58

Voda entre filipinos en Winnipeg, Canadá.

Unha voda é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.

En Galiza

En 2009 casaron en Galiza un total de 10.658 parellas, das que o 50,1%, optaron por facelo en cerimonias civís, superando por vez primeiro estas a aqueloutras de corte relixioso. A tendencia é común ás catros provincias[1].

O casamento na cultura popular galega

  • Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
  • Día de casamento, día de contento.
  • O día da voda deixade á noiva que se compoña.
  • O día que me casei, boa cadea me botei.
  • O día que te casas, ou te curas ou te matas.
  • O día que te cases, ten coidado non te manques.


  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
  • Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.

Notas

  1. "As cerimonias civís gañan terreo ás relixiosas en Galicia", artigo de Olaia Ucha en El Progreso, 6 de setembro de 2010.