58.028
edicións
Xas (conversa | contribucións) (+ imaxe) |
m (Corribot: Cambiando: "ubic*" -> "localiz*".; cambios estética) |
||
O '''Colexio de San Xerome''', dito tamén ''Colexio de Artistas'', é un edificio civil de [[Santiago de Compostela]], sito no lado meridional da [[praza do Obradoiro]], cerrándoa por ese lado.
== Historia ==
Este [[colexio maior]] era, en orixe, unha fundación do [[arcebispo]] compostelán [[Alonso III de Fonseca|Alonso de Fonseca]], terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se
Durante o [[século XVII]], en [[1652]], decidíuse trasladalo desa ubicación. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o [[Hostal dos Reis Católicos|Hospital dos Reis Católicos]]), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto [[Bartolomé Fernández Lechuga]] (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso [[José de la Peña Toro]]; mais na actualidade debe dicerse que descoñecemos quen foi realmente o autor da edificación.
Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores. Desapareceu como colexio maior en [[1840]].
== Descrición ==
O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre [[1490]] e [[1500]]. Este elemento arqueolóxico, foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos construtivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da [[arte románica]] na [[Galiza]].
== Usos ==
Durante boa parte do [[século XX]], foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos [[1980]], e xunto co pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da [[USC|Universidade de Santiago]].
== Véxase tamén ==
{{Commons|:Category:Colexio de San Xerónimo de Santiago de Compostela}}
|