Transmisión de calor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: et:Soojusülekanne
Liña 39: Liña 39:
[[en:Heat transfer]]
[[en:Heat transfer]]
[[es:Transmisión de calor]]
[[es:Transmisión de calor]]
[[et:Soojusülekanne]]
[[fa:انتقال گرما]]
[[fa:انتقال گرما]]
[[fi:Lämmön siirtyminen]]
[[fi:Lämmön siirtyminen]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2011 ás 03:39

A transmisión de calor, transferencia de enerxía térmica, ou simplemente intercambio térmico, refírese á transición de enerxía térmica dunha masa máis quente a outra máis fría. A transmisión de calor ten lugar por medio de varios mecanismos, nomeadamente condución, convección e radiación.

A condución, tamén denominada difusión, débese ao intercambio de enerxía cinética ao nivel microscópico. A convección ten lugar en fluidos (líquidos e gases) e é causada polo movemento de materia a diferente temperatura. A radiación térmica ocorre por transmisión de radiación electromagnética. A diferencia da condución e convección, a transmisión de calor por radiación non precisa dun medio de transmisión.


Proceso e características

Cando un obxecto está a unha temperatura distita da da súa contorna ou outro obxecto, a transmisión de do calor ocorre ata que o corpo e o a contorna cheguen a unha nivelación, é dicir, que chegan á mesma temperatura de equilibrio. A transferencia sempre ocorre dende o corpo máis quente ó máis frío, tal e como se describe na Segunda Lei da Termodinámica (segundo o enunciado de Clasius). Cando hai unha diferenza de temperatura entre obxectos próximos, a velocidade de transferencia pode diminuírse, pero nunca anularse.

Tipos

Convección.

Conducción

A condución ou difusión ocorre a escala microscópica cando partículas (moléculas, átomos e ións) vibrando con rapidez transmiten parte da súa enerxía ás partículas ao seu redor. Esta transmisión de enerxía a nivel microscópico é o que se observa como transmisión de calor a nivel macroscópico. A conducción é o único mecanismo de transmisión de calor significativo no interior dun sólido. A lei de Fourier permite relacionar a diferencia de temperaturas nun sólido co fluxo de calor resultante.


  • radiación: cando non se precisa materia para a transmisión
  • convección: cando se precisa materia e a transmisión realízase por movementos da materia fluída


Véxase tamén

Outros artigos