Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións
actualidade |
|||
Liña 19: | Liña 19: | ||
==Actualidade== |
==Actualidade== |
||
o |
o [http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/8a93fc67ce661078c12578010053b138/$FILE/24500D049P058.PDF 23 de decembro de 2010 no DOG] sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, [[Ben de Interese Cultural]], da ruina. |
||
==Bibliografía== |
==Bibliografía== |
Revisión como estaba o 27 de decembro de 2010 ás 14:24
32' 16" N / 7° 02' 17" O_E_ 0°N 0°L / 43_32_16_N_07_2_17_W, 43° 32' 16" N / 7° 02' 17" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro.
Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.
A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.
Actualidade
o 23 de decembro de 2010 no DOG sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruina.
Bibliografía
Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000