Montanismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''montanismo''' é un movemento apocalíptico dentro do cristianismo primitivo fundado na segunda metade do século II por Montano. Oriundo de Frixia, foi considerado un p..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2010 ás 15:40

O montanismo é un movemento apocalíptico dentro do cristianismo primitivo fundado na segunda metade do século II por Montano. Oriundo de Frixia, foi considerado un profeta polos seus seguidores. Defendía unha moral rigorosa e rexeitaba a penitencia como porta de volta á Igrexa. Estaba debía estar pechada para os que tras o bautismo foran pecadores ou febles. Xunto coas profetisas Prisca e Maximila pronunciou os oráculos montanistas. Os montanistas acusaban dunha moral flexible á xerarquia eclesiástica obediente a Roma e aos cristiáns fieis ao Papa tachábanos como cristiáns meramente psíquicos, mentres eles eran animados pola forza auténtica do alento de Deus e se consideraban pneumáticos. Agardaban a inminente manifestación do Espírito e o descendemento da Xerusalén celeste. Adquiriron gran prestixio cando un dos Pais da Igrexa, o respetado Tertuliano, se adheriu a esta corrente.