Lingua chamorra: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: yo:Èdè Tsàmórò |
m bot Engadido: ta:சமோரோ மொழி |
||
Liña 104: | Liña 104: | ||
[[sr:Чаморо језик]] |
[[sr:Чаморо језик]] |
||
[[sv:Chamorro]] |
[[sv:Chamorro]] |
||
[[ta:சமோரோ மொழி]] |
|||
[[yo:Èdè Tsàmórò]] |
[[yo:Èdè Tsàmórò]] |
||
[[zh:查莫罗语]] |
[[zh:查莫罗语]] |
Revisión como estaba o 13 de outubro de 2010 ás 05:31
Chamorro Chamorro | ||
---|---|---|
Falado en: | Guam, Illas Marianas do Norte | |
Total de falantes: | 60.000 | |
Familia: | Austronesia Malaio-Polinesia (MP) Linguas malaio-polinesias nucleares Linguas Sunda-Sulawesi Chamorro | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Territorios Americanos ultramarinos | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ch
| |
ISO 639-2: | cha | |
ISO 639-3: | cha
| |
Mapa | ||
Status | ||
O Chamorro é a lingua -de base austronesia ou malaio-polinesia- falada na illa de Guam e nas illas Marianas do Norte en Oceanía.
Ó igual que o español tamén ten no seu alfabeto a letra Ñ. O chamorro ten unha gran cantidade de vocabulario procedente do castelán (aproximadamente o 70% das raíces das palabras), pero ó contrario do que se adoita crer, non está considerado realmente un español crioulo: o chamorro acostuma usar os préstamos ó estilo micronesio (por exemplo: bumobola, "xogar coa bola ou pelota").
O chamorro pode tamén ser considerado unha lingua mixta hispano-austronesia ou, polo menos, unha lingua que xurdiu dun proceso de contacto e de crioulización nas illas Marianas. O chamorro moderno ten na súa gramática numerosos elementos de orixe española: verbos, artigos, preposicións, numerais, conxuncións... Ese proceso, que comezou no século XVII e rematou a principios do século XX, significou un profundo cambio dende o chamorro antigo (proto-chamorro) ata o chamorro moderno (neo-chamorro), na súa gramática, fonoloxía e léxico[1]. .
O chamorro actual, entre os máis novos, amosa xa unha grande influencia do inglés e advírtese unha crecente tendencia a misturar chamorro e inglés na conversa.
Aproximadamente hai uns 50.000 falantes de chamorro ó longo das illas Marianas, en Guam e nas illas Marianas do Norte (Saipán, Rota, Tinián). Ademais, o falan os emigrantes chamorros en Hawai, California e outras partes dos Estados Unidos
As linguas que máis de preto se emparentan co chamorro atópanse nas Filipinas
Alfabeto
Nótese que A e Å frecuentemente non se diferencian no chamorro escrito, escribíndose as dúas como 'A'; así como ás veces tampouco se diferencian o N e o Ñ. Nembargantes, a escrita coidada en libros de texto e publicacións oficiais si teñen coidado de diferenciar.
Oracións básicas en chamorro
- Hafa adai «Ola»
- Hafa tatmanu hao? «¿Como estás?»
- Hayi na'an-mu? «¿Cal é o teu nome?»
- Si Antonio yo' «Eu son Antón»
- Buenas días «Bos días»
- Buenas tatdes «Boas tardes»
- Buenas noches «Boas noites»
- Adiós «Adeus»
- Asta agupa' «Ata mañá»
- Si Yu'os ma'ase «Gracias»
- Buen probechu «De nada»
- Amigo «Amigo»
- Guahan «Guam»
Numerais
O chamorro actual utiliza todo o sistema numeral tomado do español.
Unu, dos, tres, kuatro, sinko, sais, siette, ocho, nuebi, dies, onse, dose, trese, katotse, kinse, diesisáis, diesisiette, diesiocho, disinuebi, beinti (benti), treinta (trenta), kuarenta, sinkuenta, sisenta, sitenta, ochenta, nobenta, Sien, dos sientos, tres sientos... kinientos, sais sientos... nobesientos (nuebe sientos), Mit, dos mit, tres mit... Un miyón, dos miyón, tres miyón...
Nembargantes, é frecuente na conversa espontánea que os chamorros usen os numerais en inglés cando contan dólares.
- ↑ Rafael Rodríguez-Ponga, Del español al chamorro: Lenguas en contacto en el Pacífico. Madrid, Ediciones Gondo, 2009
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua chamorra |