Río Landro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:


==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==
:''Véxase o artigo principal en [[Galería de imaxes do río Landro]]''
{{AP|Galería de imaxes do río Landro}}
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:NacementoEumeLandro-100.JPG|Nacemento no [[O Viveiró, Muras|Viveiró]].
Ficheiro:NacementoEumeLandro-100.JPG|Nacemento no [[O Viveiró, Muras|Viveiró]].

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2010 ás 14:25


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Rio

O río Landro ou Landrove pertence á vertente cantábrica, e segue unha dirección S-N desembocando na ría de Viveiro. Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suloeste da serra do Xistral, a 800 m. de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recebe as augas dos regatos de A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarito e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde A Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol. En total percorre 42 km e a súa bacía exténdese por 268 km2.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ríos da Galiza