Río Landro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m rv vandalismo: inserir lixo
Xas (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
:''Véxase o artigo principal en [[Galería de imaxes do río Landro]]''
:''Véxase o artigo principal en [[Galería de imaxes do río Landro]]''
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:NacementoEumeLandro-100.JPG|Nacemento no [[O Viveiró, Muras|Viveiró]].
Ficheiro:Landro2.jpg | Entre [[Miñotos, Ourol|Miñotos]] e [[Xerdiz, Miñotos|Xerdiz]]
Ficheiro:Landro1.jpg | Entre [[Miñotos, Ourol|Miñotos]] e [[Xerdiz, Miñotos|Xerdiz]]
Ficheiro:Landro2.jpg|Río Landro entre [[Miñotos, Ourol|Miñotos]] e [[Xerdiz, Ourol|Xerdiz]].
Ficheiro:Landro0.jpg | Baixo a Ponte da Torre
Ficheiro:Landro0.jpg|Baixo a Ponte da Torre.
</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 3 de outubro de 2010 ás 14:24


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Rio

O río Landro ou Landrove pertence á vertente cantábrica, e segue unha dirección S-N desembocando na ría de Viveiro. Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suloeste da serra do Xistral, a 800 m. de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recebe as augas dos regatos de A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarito e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde A Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol. En total percorre 42 km e a súa bacía exténdese por 268 km2.

Galería de imaxes

Véxase o artigo principal en Galería de imaxes do río Landro

Véxase tamén

Ríos da Galiza