Lingua turca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Èdè Túrkì
m bot Modificado: sco:Turkis leid
Liña 147: Liña 147:
[[sah:Түрк тыла]]
[[sah:Түрк тыла]]
[[sc:Lìngua turca]]
[[sc:Lìngua turca]]
[[sco:Turkish leid]]
[[sco:Turkis leid]]
[[se:Durkkagiella]]
[[se:Durkkagiella]]
[[sh:Turski jezik]]
[[sh:Turski jezik]]

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2010 ás 01:24

.

Turco(Türkçe)
Falada en: Turquía, Kosovo, Chipre, República turca do norte de Chipre, República de Macedonia
Rexións do planeta: Turquía, Grecia, Balcáns e Cáucaso
Total de falantes: 65-73 millóns
Familia lingüística:   Linguas altaicas

   Linguas túrquicas
    Linguas túrquicas meridionais
     Turco

Status oficial
Lingua oficial de: Turquía,
Chipre,
República Turca do Norte de Chipre,
Kosovo,
República de Macedonia En concellos cun 20% de falantes de turco.
Regulada por: Türk Dil Kurumu (Sociedade da lingua turca
Codificacións
ISO 639-1 tr
ISO 639-2 tur
Véxase tamén: Linguas altaicasLingua
Mapa da distribución da lingua turca

A lingua turca, (Türkçe ou Türk dili) pertence á familia lingüística das linguas turcas, cuxa área xeográfica esténdese desde o occidente da China ata os Balcáns. Devandita familia pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azerí e o turcomano.

É oficial en Turquía, onde se fala dende a época medieval, cando os turcos procedentes da Asia central instaláronse en Anatolia, que entón era parte do Imperio bizantino. É oficial tamén en República Turca do Norte de Chipre. Nalgunhas zonas balcánicas fálase unha variedade coñecida como turco otomán (Osmanlı Türkçesi), que se diferencia bastante do turco de Turquía. En varios países de Europa occidental existen importantes comunidades de falantes de turco, emigradas de Turquía en datas recentes.

O turco é unha lingua aglutinante baseada nun sistema de sufixos e infixos engadidos á raíz das palabras que permiten expresar gran cantidade de significado con poucas palabras. A súa gramática non adoita ter excepcións. Non existe o xénero gramatical.

A lingua turca tivo varios sistemas de escritura. Escribiuse con carácteres árabes adaptados dende o século XIII ata a reforma ortográfica emprendida en 1923 polo goberno de Mustafa Kemal Atatürk, que emprendeu varias iniciaticas de occidentalización do país na crenza de que iso contribuiría á súa modernización. A reforma ortográfica veu acompañada dun intento de "depuración" nacionalista, é dicir, de substituír a inxente cantidade de préstamos lingüísticos (sobre todo árabes) por vocábulos de raíz turca, obxectivo vixente hoxe en día que non cultivou os éxitos agardados.

Exemplo de texto: artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Bütün insanlar hür, haysiyet ve haklar bakımından eşit doğarlar. Akıl ve vicdana sahiptirler ve birbirlerine karşı kardeşlik zihniyeti ile hareket etmelidirler.

(Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, dereitos, e dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. )

Modelo:Link FA Modelo:Link FA