Forquita de replicación: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m bot Engadido: es:Horquilla de replicación Eliminado: he:מזלג ההכפלה |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[cs:Replikační vidlice]] |
[[cs:Replikační vidlice]] |
||
[[en:Replication fork]] |
[[en:Replication fork]] |
||
[[es:Horquilla de replicación]] |
|||
[[he:מזלג ההכפלה]] |
|||
[[it:Filamento leading]] |
[[it:Filamento leading]] |
||
[[pl:Widełki replikacyjne]] |
[[pl:Widełki replikacyjne]] |
Revisión como estaba o 21 de maio de 2010 ás 10:48
O garfo de replición é unha estrutura que se forma dentro do núcleo da célula durante a replicación do ADN. Constitúe o resultado da acción de varias proteínas que teñen a finalidade de abrir a dobre cadea de ADN para facilitar a replicación do material xenético, sexa ADN ou ARN. É orixinado polas proteínas helicasas, que quebran as pontes de hidróxeno que ligan as dúas cadeas de ADN.
Outras proteínas, as SSB (single-stranded DNA binding proteins ou proteínas ligadoras de ADN monocatenario) contribúen a manter a estabilidade do garfo de replicación. Por último, outras proteínas como a proteína DnaA ou as topoisomerasas participan dunha ou de outra maneira na replicación. A estrutura resultante ten dúas ramificacións, cada unha das cales está formada por unha cadea de ADN, e que son chamadas de cadea retardada ou rezagada (lagging) e cadea líder ou condutora (leading). A ADN polimerasa vai adicionando posteriormente os novos nucleótidos para as cadeas de nova síntese, seguindo a complementariedade de bases.