Jan Mayen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Jan Mayen
m bot Engadido: el:Γιαν Μαγιέν
Liña 71: Liña 71:
[[da:Jan Mayen]]
[[da:Jan Mayen]]
[[de:Jan Mayen]]
[[de:Jan Mayen]]
[[el:Γιαν Μαγιέν]]
[[en:Jan Mayen]]
[[en:Jan Mayen]]
[[eo:Janmajeno]]
[[eo:Janmajeno]]

Revisión como estaba o 30 de abril de 2010 ás 20:17

Jan Mayen
Bandeira de
Bandeira Escudo
Localización
Datos
Capital Olonkinbyen
País Noruega
Linguas
Poboación (2007) 18 hab.
Superficie 377 km²
Densidade 0,05 hab/km²
Concellos
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 2.277 m. Beerenberg
Mapa de Jan Mayen
Foto satélite de Jan Mayen

A illa de Jan Mayen, parte do Reino de Noruega, é unha illa volcánica de 373 km² situada no ártico, parcialmente cuberta por glaciar e dividida en dúas partes por un estreito istmo. Atópase no mar noruegués e marca o seu límite co mar de Grenlandia; ao norte de Islandia entre Grenlandia e Noruega a 71º N e 8º Ou. A illa é montañosa debido á súa orixe volcánico e o seu pico máis alto é o volcán Beerenberg (2277 m) ao norte da illa.

Esta illa non posúe recursos naturais explotables. A súa actividade económica limítase a prover servizos aos empregados das estacións de radio e meteorolóxicas norueguesas situadas na illa. Ten unha pista aérea sen pavimentar de aproximadamente 1,585 m de longo e os seus 124.1 quilómetros de costa carecen de portos ou peiraos, tendo unicamente ancoradoiras fóra da costa.

Jan Mayen é parte xeograficamente integrada de Noruega. Desde 1995 foi administrada polo governador (fylkesmann) do condado (fylker) de Nordland, no entanto, parte da autoridade foi delegada a un comandante de estación do Servizo Noruegués de Comunicación de Defensa.

Henry Hudson descubriu esta illa en 1607 e chamouna Hudson's Tutches ou Touches. A partir de entón foi observada varias veces por navegantes que exitosamente se aducieron o seu descubrimento e a renomearon. Así, en 1611 ou un ano despois baleeiros de Hull chamárona Illa Trindade; en 1612 Jean Vrolicq, un baleeiro francés, chamouna Île de Richelieu (Illa de Richelieu); en 1814 Joris Carolus nomeou un dos seus promontorios Jan Meys Hoeck (Outeiro de Jan Mey) en honra ao capitán dun dos seus barcos. O nome actual da illa provén disto último xa que a afirmación do descubrimento en 1611 por un navegante holandés de nome Jan Mayen non ten fundamento.

A illa está habitada por persoal que opera unha base de navegación de alto alcance (Loran-C) cun total de 14 empregados e unha estación de servizos climatolóxicos con persoal de 4. Os membros do persoal de ambas viven no centro de aloxamento da base de Loran-C chamado Olonkinbyen (Cidade de Olonkin).

A illa non ten habitantes nativos ou aborixes pero se lle asignou o ISO 3166-1 código do País SJ, o dominio de internet de máis alto nivel (ccTLD) é .no (.sj está asignado pero non se utiliza) e o código de datos é JN. O prefixo de radio é JX.

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA