Prea: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m carroña > prea
m moveu "Carroña" a "Prea": Nome en galego
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de abril de 2010 ás 13:30

Voitres africanos comendo os restos dun ñu en Kenya

A prea [1] é carne corrompida, a carne de animais mortos que serve de alimento a certos animais carroñeiros que se alimentan de cadáveres.

A carne comeza a súa descomposición dende o intre no que morre o animal, atraendo aos insectos e sofrindo a proliferación de bacterias. Pouco despois da morte do animal, o corpo emite un cheiro apestoso causado pola presenza das bacterias e dúas substancias chamadas cadaverina e putrescina, ademais doutros compostos intermedios como a mortina, a putrefactina e a necroctina.

Notas

  1. Nos dicionarios clásicos aparece recollida tamén a forma carniza, non aceptada no VOLGa.