Arco apuntado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|100px|Arco apuntado O '''arco apuntado''', tamén chamado '''arco oxival''', está composto por dous tramos de arco formando..."
 
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Spetsbåge.png|thumb|100px|Arco apuntado]]
[[Ficheiro:Spetsbåge.png|thumb|100px|Arco apuntado]]
O '''[[arco (construción)|arco]] apuntado''', tamén chamado '''arco oxival''', está composto por dous tramos de arco formando un ángulo central, na [[clave]].
O '''[[arco (construción)|arco]] apuntado''', tamén chamado '''arco oxival''', está composto por dous tramos de arco formando un ángulo central, na [[clave (arquitectura)|clave]].


== Significación do arco oxival ==
== Significación do arco oxival ==

Revisión como estaba o 15 de abril de 2010 ás 02:04

Arco apuntado

O arco apuntado, tamén chamado arco oxival, está composto por dous tramos de arco formando un ángulo central, na clave.

Significación do arco oxival

Na Europa do século XII, o arco oxival non só supón un cambio estético que racha co clasicismo do arco de medio punto, propio da arquitectura romana e a románica, senón que ademais, resulta máis eficaz, pois grazas á súa verticalidade as presións laterais son menores cá no arco de medio punto, permitindo salvar maiores espazos.

A sección do arco oxival reproduce os nervios, cada vez máis complexos, do sistema gótico, que tamén se manifestan nas mesmas molduras do alicerce.

O arco apuntado considérase un dos tres elementos distintivos da arquitectura gótica, xunto coa bóveda de crucería e o arbotante. É consecuencia das novidades introducidas no sistema construtivo gótico e acompaña na súa evolución á bóveda de crucería.

Historia

O arco apuntado foi empregado anteriormente polos abasíes no século IX. Na arquitectura musulmá, o arco de ferradura apuntado ou arco túmido aparece dende o século X. Ten precedentes na arte románica (século XII). Utilizouse no románico borgoñón. É típico da arquitectura gótica (século XIII-XV).

Durante o século XV xeralízase o uso do arco apuntado conopial, ou cóncavo-convexo, de catro centros, dous interiores, á altura das impostas, e dous externos, na parte superior. Posteriormente xorde o arco rebaixado, tipo carpanel, ou de tres centros, dous á altura das impostas e un por baixo dela, moito maior. O chamado arco Tudor, típico de Inglaterra. O arco escarzano, que non chega ao semicírculo, tamén se empregou na arquitectura gótica, en vans secundarios. Na derradeira época da arte gótica utilizouse o arco mixtilíneo, composto de pequenos tramos rectilíneos dentro do arco.

Ligazóns externas