Juan Gris: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Хуан Гріс
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Juan Gris; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
'''José Victoriano González-Pérez ''' coñecido artisticamente como '''Juan Gris''' ([[Madrid]], [[23 de marzo]] de [[1887]] — [[Boulogne-Sur-Seine]], [[11 de maio]] de [[1927]]) foi un [[pintor]] [[España|español]] que desenvolveu a súa actividade principalmente en [[París]], é considerado como un dos mestres do [[cubismo]].

==Biografía==
== Biografía ==
[[Ficheiro:JuanGris.Portrait of Picasso.jpg|thumb|Retrato de [[Picasso]].]]
[[Ficheiro:JuanGris.Portrait of Picasso.jpg|thumb|Retrato de [[Picasso]].]]
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''.
Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como ''Blanco y Negro'' e ''Madrid Cómico''.
Liña 11: Liña 11:
Durante a [[anos 1920|década de 1920]] a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en [[Boulogne-Sur-Seine]] o 11 de maio de 1927.
Durante a [[anos 1920|década de 1920]] a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en [[Boulogne-Sur-Seine]] o 11 de maio de 1927.

==Obra==
== Obra ==
As súas primeiras obras cubistas datan de [[1912]], ano no que expón no Salón dos Independentes de [[Barcelona]] a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante [[Henry Kahnweiler]], que morre en [[1914]]. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en [[Ceret]], período no que comezou a desenvolver a tècnica do ''papier collé'' (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).

Liña 18: Liña 18:
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.

==Obras destacadas==
== Obras destacadas ==

Parte das súas pinturas cubistas son [[natureza morta|naturezas mortas]], entre as que se inclúen ''Guitarra e botella'' (1917, [[Museo de Arte de Filadelfia]]), ''O taboleiro de xadrez'' (1917, [[Museo de Arte Moderno de Nova York]]) e ''Botella e froiteiro'' (1919, [[Museo Thyssen-Bornemisza]], [[Madrid]]). Tamén tratou outros temas, como mostra en ''O fumador'' ([[1913]], Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de ''papier collé'' é ''Gotas e xornal'' (1914, Museo de Arte do Smith College, [[Northampton (Massachusetts)|Northampton, Massachusetts]]).

==Galería==
== Galería ==

<gallery>
<gallery>
Liña 30: Liña 30:
Ficheiro:Juan Gris 004.jpg|''Natureza morta con guitarra, libro e xornal'', 1919, Kunstmuseum, Basel .
Ficheiro:Juan Gris 004.jpg|''Natureza morta con guitarra, libro e xornal'', 1919, Kunstmuseum, Basel .
</gallery>
</gallery>

[[Categoría:Pintores de España|Gris, Juan]]
[[Categoría:Pintores de España|Gris, Juan]]

[[an:Juan Gris]]
[[ar:خوان غريس]]
[[ar:خوان غريس]]
[[ca:Juan Gris]]
[[ca:Juan Gris]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2010 ás 19:19

José Victoriano González-Pérez coñecido artisticamente como Juan Gris (Madrid, 23 de marzo de 1887Boulogne-Sur-Seine, 11 de maio de 1927) foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París, é considerado como un dos mestres do cubismo.

Biografía

Retrato de Picasso.

Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.

No ano 1906 trasladouse para París (Francia), onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e 'Charavari' (Chocallada).

Durante a Primeira Guerra Mundial (1914 - 1918) aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919.

Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.

Obra

As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano no que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, que morre en 1914. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en Ceret, período no que comezou a desenvolver a tècnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).

Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diaghilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobretodo a guache e máis a acuarela, realizando algunhas ilustracións para libros.

As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.

Obras destacadas

Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderno de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).

Galería