Edward Cullen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Edward Cullen
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
[[id:Edward Cullen]]
[[id:Edward Cullen]]
[[it:Edward Cullen]]
[[it:Edward Cullen]]
[[kn:ಎಡ್ವರ್ಡ್ ಕಲೆನ್‌ (ಟ್ವಿಲೈಟ್)]]
[[mk:Едвард Кален (Самрак)]]
[[mk:Едвард Кален (Самрак)]]
[[nl:Edward Cullen]]
[[nl:Edward Cullen]]

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2010 ás 15:42

Edward Cullen (nado Edward Anthony Masen) é un personaxe de ficción das novelas da serie Twilight da escritora estadounidense Stephenie Meyer, aparece nos libros Twilight, New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, así como nos filmes baseados nelas e na aínda inacabada Midnight Sun - unha reescritura dos sucesos de Twilight desde a perspectiva de Edward.

Traxectoria vital do personaxe

Edward é un vampiro que vive como fillo adoptivo nunha familia de vampiros, Carlisle Cullen (pai), Esme Cullen (nai) e outros catro irmáns tamén adoptados: Rosalie Hale, Jasper Hale, Alice Cullen e Emmett Cullen. Todos os Cullen decidiron non nutrirse do sangue de seres humanos, tan só de animais, definindo o seu estilo de vida como vexetariano. Edward namórase, casa e ten un fillo con Bella Swan, unha rapaza humana que máis tarde elixe converterse nunha vampiresa. Nos filmes Twilight e New Moon interprétao o actor Robert Pattinson.