Edward Cullen
| Edward Cullen | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||
|
Data de nacemento
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
|
Linguas faladas
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Educado en
| |||||||
|
Ocupación
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Edward Cullen (nado Edward Anthony Masen) é un personaxe de ficción das novelas da serie Twilight da escritora estadounidense Stephenie Meyer, aparece nos libros Twilight, New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, así como nos filmes baseados nelas e na aínda inacabada Midnight Sun - unha reescritura dos sucesos de Twilight desde a perspectiva de Edward.
Traxectoria vital do personaxe
[editar | editar a fonte]Edward é un vampiro que vive como fillo adoptivo nunha familia de vampiros, Carlisle Cullen (pai), Esme Cullen (nai) e outros catro irmáns tamén adoptados: Rosalie Hale, Jasper Hale, Alice Cullen e Emmett Cullen. Todos os Cullen decidiron non nutrirse do sangue de seres humanos, tan só de animais, definindo o seu estilo de vida como vexetariano. Edward namórase, casa e ten un fillo con Bella Swan, unha rapaza humana que máis tarde elixe converterse nunha vampira. Nos filmes Twilight e New Moon interprétao o actor Robert Pattinson.