Liña internacional de cambio de data: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 5: Liña 5:
[[Categoría:Xeografía]]
[[Categoría:Xeografía]]


[[bn:তারিখ রেখা]]
[[ca:Línia internacional de canvi de data]]
[[ca:Línia internacional de canvi de data]]
[[cs:Datová hranice]]
[[cs:Datová hranice]]

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2010 ás 03:58

Liña internacional de cambio de data

A Liña Internacional de Cambio de Data é unha liña irregular imaxinaria na superficie da Terra trazada sobre o océano Pacífico, próxima ó meridiano 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de leste a oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó meridiano de Greenwich). Esta liña pasa polo Estreito de Bering entre Alasca e Siberia, polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.