Mac OS: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fiu-vro:Mac OS
Gallaecio (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
*[http://www.apple.com/macosx/ Apple - Mac OS X] - Páxina oficial (en inglés).
*[http://www.apple.com/macosx/ Apple - Mac OS X] - Páxina oficial (en inglés).


[[Categoría:Sistemas operativos]]
[[Categoría:Mac OS| ]]


[[an:Mac OS]]
[[an:Mac OS]]

Revisión como estaba o 31 de decembro de 2009 ás 19:50


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Mac OS é un sistema operativo utilizado nos computadores Apple. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do Mac OS X, a última versión do sistema.

Aparición

A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en 1984, coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o rato, fronte ós PC de IBM desa época, que utilizaban MS-DOS.

Porén, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente tras a xeralización das máquinas PC e a introdución do Microsoft Windows. En calquera caso, sempre mantivo unha cuota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron en serio risco a continuidade da plataforma.

Mac OS X

Artigo principal: Mac OS X.

No ano 2001 Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, cun fondo UNIX, e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sírvese dun emulador. A introdución deste novo sistema, bautizado como Mac OS X, xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa (iPod) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida.

Evolución da súa compatibilidade

No 2005 Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores PowerPC nas súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaron a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, porén, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.

Véxase tamén

Ligazóns externas