Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m unha pequena colaboración |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
[[Ficheiro:Cantonmoreno050207peq2.JPG|thumb|250px|right|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España o [[7 de febreiro]] de [[2005]]), fachada SO]] |
[[Ficheiro:Cantonmoreno050207peq2.JPG|thumb|250px|right|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España o [[7 de febreiro]] de [[2005]]), fachada SO]] |
||
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro |
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro e Juan Moreno|Pedro e Juan Moreno Ulloa]] en 1915 e deseñada polo [[arquitecto]] [[Julián García Núñez]] e o [[enxeñaría|enxeñeiro]] [[Ángel Ardex]]. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo [[modernismo|modernista]], cimentado sobre unha estrutura mixta de [[formigón]] e [[ferro]]. |
||
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|thumb|left|Vista artíscia da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época ([[1 de setembro]] de [[1916]])]] |
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|thumb|left|Vista artíscia da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época ([[1 de setembro]] de [[1916]])]] |
Revisión como estaba o 10 de decembro de 2009 ás 07:58
32' 16" N / 7° 02' 17" O_E_ 0°N 0°L / 43_32_16_N_07_2_17_W, 43° 32' 16" N / 7° 02' 17" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro.
Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidrieiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A pranta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.
A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.
Bibliografía
Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000