Mercurio (deus): Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: tr:Merkür, Hermes, Mercurius (mitoloji) |
m bot Engadido: mr:मर्क्युरी |
||
Liña 72: | Liña 72: | ||
[[lt:Merkurijus (mitologija)]] |
[[lt:Merkurijus (mitologija)]] |
||
[[mk:Меркур (бог)]] |
[[mk:Меркур (бог)]] |
||
[[mr:मर्क्युरी]] |
|||
[[mt:Merkurju (mitoloġija)]] |
[[mt:Merkurju (mitoloġija)]] |
||
[[nl:Mercurius (mythologie)]] |
[[nl:Mercurius (mythologie)]] |
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2009 ás 22:54
Na relixión romana Mercurio (latín: Mercurius, -ii]]) era o deus dos mercadores, o lucro e o comercio. Fillo de Maia e Xúpiter. O seu nome está relacionado co latín merx, merce. A denominación estrusca era Turms. Foi asimilado ao deus grego Hermes.
O seu nome, Mercurio, foi utilizado para nomear obxectos diversos, como o planeta Mercurio, ou o elemento químico homónimo.
Atributos
Os atributos traditionais, cos que era representado, son a bolsa - na man, o máis común -, o cabalo Pégaso alado ou non, o bastón caduceo, as sandalias aladas, o chapeo ou petasus, así como o galo (símbolo do novo día e a esperteza) e/ou o macho cabrío (símbolo da fertilidade) e, mesmo, a tartaruga (pois a lenda narraba que o deus inventara a lira, usando a concha dun destes animais).
Mitoloxía
Mercurio non aparece entre os núminosos deis indigetes, da primitiva relixión romana. Mais ben, reasumíu os deuses Luceres, que sufrirían o sincretismo con a relixión grega, durante a época da República, a partir do século III a.C. Mercurio esencialmente, tiña o mesmo aspecto que Hermes, con seu petasus, as ás nos tornocelos, apoiábase no caduceo, e ía acompañado do galo, o bode ou o sapoconcho.
Como Hermes, era tamén o mensaxeiro dos deuses e deus do comercio, en particular do comercio de cereais. Era considerado asimesmo como un deus da abundancia e do éxito nos negocios, nomeadamente na Galia. Ao igual que Hermes, Mercurio era tido por un deus psicopompo, é dicer, guía das ánimas no mundo de ultratumba. Como psicopompo, xustifícase a presenza ao seu lado do can, animal vinculado á noite, a lúa e os mortos. Aínda máis, Ovidio, escrebeu que Mercurio levou os soños de Morfeo desde o val de Hypnos, o Soño, ata os dormidos humanos.
O templo de Mercurio no Circo Máximo, entre os outeiros do Aventino e o Palatino, foi erguido en 495 a.C.. Este era un sitio apropiado para adorar a un veloz deus do comercio e as viaxes, dado que non só era un lugar para carreiras, snón tamén un centro de comercio e negocios. A súa colocación entre o Aventino, centro histórico da emerxencia da plebe, e o Palatino, centro da aristocracia, enfatizaba o papel de Mercurio, como mediador.
Debido a que Mercurio, non fora unha das deidades primarias sobreviventes do Reino de Roma, non lle fora asignado un flamen ou sacerdote, pero tiña unha óptima festa o 15 de maio, as Mercurialia. Durante as Mercurialia, os mercadores salpicaaban auga sobre as cabezas propias, auga que sacaban do pozo sagrado do deus, sito perto da Porta Capena.
Nomes e epítetos
Mercurio, denominado entre os romanos Mercurius e, ocasionalmente, en primitivos escritos, Merqurius, Mirqurios ou Mircurios, tiña varios epítetos que representaban diferentes aspectos ou roles, ou mostraban o sincretismo con deidades non romanas. Eis algúns dos máis coñecidos:
- Mercurius Artaios, combinaciónn de Mercurio co deus celta Artaios, un deus barbado e cazador, que recibía culto en Beaucroissant, Franza.
- Mercurius Arvernus, neste caso co deus celta Arvernus. Arvernus era adorado no país do río Rin, posibelmente como divindade da tribu dos Arverni.
- Mercurius Cissonius, combinación de Mercurio co deus celta Cissonius, que aparece en inscricións espalladas nunha área que vai da actual Colonia, Alemaña, a Saintes, Franza.
- Mercurius Esibraeus, combinación da deidade lusitana Esibraeus e Mercurio. Esibraeus aparece só nunha inscrición de Medelim, Portugal; posibelmente é identificábel co deus Bandua Isibraiegus, citado noutra inscrición da cercana aldea de Bemposta.
- Mercurius Gebrinius, combinación de Mercurio co deus celta ou xermánico Gebrinius, que se cita no epígrafe dun altar procedente de Bonn, Alemaña.
- Mercurius Moccus, do deus céltico Moccus, asimilado a Mercurio, sinalado en inscrición de Langres, Franza. O nome Moccus, celta: "porco", suxire que a deidade estaría vencellada a caza do xabarin ou porco montés.
- Mercurius Visucius, combinación co deus celta Visucius, indicado en epígrafe procedente de Stuttgart, Alemaña. Visucius foi adorado primeriamente nas zonas fronterizas entre a Galia e Xermania. Mais certs aspectos do deus non romano, suxiuren que tamén se podía asimilar a Marte, consonte unha inscrición a "Mars Visucius" achada na Galia.