Periodistas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A serie '''Periodistas''' comeza a emitirse en [[1998]], e mantendríase en antena a través de [[Telecinco]] ata xullo de [[2002]], gravándose un total de 9 temporadas e máis dun centenar de capítulos.
A serie '''Periodistas''' comezou a emitirse en [[1998]] en [[Telecinco]] e rematou en xullo de [[2002]], graváronse un total de 9 temporadas e máis dun centenar de capítulos.


Producida por [[Globomedia]], foi unha das series de máis éxito durante os seus 4 anos de emisión, só por detrás de [[Médico de Familia]], da que se considera un [[spin off]], xa que Clara, personaxe interpretado por [[Belén Rueda]], apareceu primeiro en [[Médico de familia]] e pasou a ser unha das protagonistas de Periodistas.
Producida por [[Globomedia]], foi unha das series de máis éxito durante os seus 4 anos de emisión, só por detrás de [[Médico de Familia]], da que se considera un [[spin off]], xa que Clara, personaxe interpretado por [[Belén Rueda]], apareceu primeiro en [[Médico de familia]] e pasou a ser unha das protagonistas de Periodistas.

Revisión como estaba o 13 de novembro de 2009 ás 13:50

A serie Periodistas comezou a emitirse en 1998 en Telecinco e rematou en xullo de 2002, graváronse un total de 9 temporadas e máis dun centenar de capítulos.

Producida por Globomedia, foi unha das series de máis éxito durante os seus 4 anos de emisión, só por detrás de Médico de Familia, da que se considera un spin off, xa que Clara, personaxe interpretado por Belén Rueda, apareceu primeiro en Médico de familia e pasou a ser unha das protagonistas de Periodistas.

A serie emítese actualmente os domingos despois de medianoite nunha das canles de TDT de Telecinco, Telecinco Estrellas.

Argumento

A serie desenvólvese na sección de Local dun ficticio xornal chamado Crónica Universal. Alí traballaban nos inicios o xefe de Local, Luis Sanz (José Coronado), o redactor jefe, Blas (Álex Angulo), as redactoras Ana (Alicia Borrachero) e Ali (Esther Arroyo), un becario, José Antonio (Pepón Nieto), os fotógrafos Clara (Belén Rueda) e Willy (Joel Joan) e a secretaria Mamen (María Pujalte). Tamén cobra gran protagonismo a subdirectora do xornal, Laura (Amparo Larrañaga) entre outros.

Co tempo moitos actores foron deixando a serie e houbo novas fichaxes, de maneira que eran poucos os actores do reparto inicial (concretamente Belén Rueda, Alicia Borrachero, Álex Angulo e Enric Arredondo) que se mantiñan na última temporada. Tamén formaron parte do reparto durante toda a serie personaxes secundarios como Herminio (Pepín Salvador), Miguelón (Paco Catalá) e Emma (Nadia Henche).

Personaxes

Ligazóns externas