Biótopo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: el:Βιότοπος
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lv:Biotops
Liña 42: Liña 42:
[[la:Biotopus]]
[[la:Biotopus]]
[[lt:Biotopas]]
[[lt:Biotopas]]
[[lv:Biotops]]
[[mk:Биотоп]]
[[mk:Биотоп]]
[[nl:Biotoop]]
[[nl:Biotoop]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2009 ás 00:08

Biótopo dunha charca no norte de Alemaña, na vexetación plantas das especies Stratiotes aloides, Schoenoplectus lacustris e Alisma plantago-aquatica

O Biótopo (do grego βιος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme. A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán Ernst Haeckel (1834-1919) é exposto no seu libro General Morphology (1866). Este concepto tamén sirve para determinar un área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.

Límites e tamaño do biótopo

O seu tamaño é moi relativo: pode ser tan grande como un océano onde habitan unha gran diversidade de animais e plantas, ou pode ser tan pequeno como o acuario dunha casa onde habitan uns poucos peixes. Nalgunhas ocasións e fácil describir o límite dun biótopo, como cando se produce un cambio brusco no medio como por exemplo nunha poza ou un lago, máis noutras o límite non esta tan claro xa que este acontece de forma gradual.

Diferencias entre biótopo e hábitat

O biótopo fai referencia entre outros factores á superficie o volume que ocupa a biocenose recoñecendo así un edafotopo o referido ao substrato, un climátopo en canto a las características climáticas, e un hidrótopo tendo en conta os aspectos hidrográficos, en cambio o Hábitat e o ambiente físico ou xeográfico no que habita unha poboación ou especie co que reúne as condicións axeitadas para que dita especie poda alimentarse e reproducirse.

Características

As principais características dun biótopo son:

  • Climatolóxicas: son as características ambientais.
  • Xeolóxicas: son as características físicas e químicas do solo.
  • Hidrográficas: son as características referidas a auga, a súa distribución e o seu desprazamento.
  • Topográficas: fan referencia a altitude do biótopo.

Véxase tamén