Romanización (lingüística): Diferenzas entre revisións
m Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas |
m moveu "Romanización" a "Romanización (lingüística)" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 31 de agosto de 2009 ás 10:03
- para outros significados consulte Romanización (homónimos)
En lingüística, a romanización (ou latinización) é a representación dunha palabra ou lingua mediante o alfabeto latino, no caso de que a palabra ou lingua orixe use un sistema de escrita distinto (ou inexistente).
Entre os métodos de romanización inclúense a transliteración, para representar texto escrito, e a transcrición, para representar a pronuncia das palabras. Esta última pódese dividir en transcrición fonémica (rexistrando fonemas) e a máis estrita transcrición fonética (rexistrando sons da fala).
Cada romanización leva asociada un conxunto de regras para a pronuncia das palabras romanizadas resultantes.
Como exemplo de linguas ás que este proceso se lles aplica a miúdo encóntranse o chinés, o xaponés e o coreano.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|