Marcel Pagnol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Marcel Pagnol
mSen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
[[en:Marcel Pagnol]]
[[en:Marcel Pagnol]]
[[eo:Marcel Pagnol]]
[[eo:Marcel Pagnol]]
[[es:Marcel Pagnol]]
[[fi:Marcel Pagnol]]
[[fi:Marcel Pagnol]]
[[fr:Marcel Pagnol]]
[[fr:Marcel Pagnol]]

Revisión como estaba o 22 de xullo de 2009 ás 04:54

Cemiterio de La Treille onde está soterrado Marcel Pagnol

Marcel Pagnol (Aubagne, 1895 - París, 1974) foi un comediógrafo francés.

Deuse a coñecer en 1925 coa comedia antimilitarista Os mercaderes da gloria (Les marchands de la gloire). Tres anos máis tarde obtivo un grande éxito con Topaz, unha comedia sobre os politiqueos contemporáneos chea de ironía. Seguiulle a triloxía marsellesa Marius (1929), Fanny e César (as dúas de 1931). As comedias de Marcel Pagnol son de tipo naturalista e popular, suavizado mediante a caricatura benévola e toques sentimentais.

A partir de 1931 dedicouse fundamentalmente ao cinema, adaptando textos para numerosas películas. Redixiu tamén libros autobiográficos: A gloria de meu pai (La gloire de mon père, 1958), O castelo da miña nai (Le château de ma mère, 1958) e O tempo dos amores (Le temps des amours, póstumo, 1977).

Marcel Pagnol foi académico de Francia desde 1946.