Deron Williams: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Deron Williams
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:


[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA|Williams]]
[[Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA|Williams]]
[[Categoría:Bases de baloncesto|Williams]]
[[Categoría:Xogadores Utah Jazz|Williams]]


[[da:Deron Williams]]
[[da:Deron Williams]]

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2009 ás 19:01

Modelo:InfBasquet Deron Michael Williams é un xogador de baloncesto estadounidense que na actualidade cumple a súa terceira tempada como profesional da NBA nas ringleiras dos Utah Jazz. Naceu o 26 de xuño de 1984 en Parkersburg, West Virginia. Mide 1,91 metros e xoga de base.

Traxectoria deportiva

Universidade

Williams comezou a súa andaina no baloncesto universitario no ano 2002, incorporándose ao equipo da Universidad de Illinois. No seu primeiro ano foi titular en 30 dos 32 partidos, rematando na terceira posición do ranking dos mellores pasadores da súa Conferencia, a Big Ten. No seu segundo ano mellorou o seu promedio anotador de 6,3 a 14 puntos, pasando a liderar ao equipo neste apartado, e mellorou a súa porcentaxe de asistencias, pasando a dar 6,1 por partido. Foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia tanto polos adestradores coma pola prensa especializada.

En 2005 levou ao seu equipo á Final da NCAA, onde perderon ante a Universidad de Carolina del Norte. Ao rematar a tempada, e un ano antes de finalizar a súa carreira universitaria, declarouse elixible para o Draft da NBA.

Profesional

Foi elixido na terceira posición do Draft da NBA de 2005 polos Utah Jazz, por detrás do australiano Andrew Bogut e de Marvin Williams. Comezou a súa primeira tempada coma profesional dende o banco, aínda que pouco a pouco foi entrando no quinteto titular do equipo. Rematou a súa tempada de novato con 10,8 puntos e 4,5 asistencias, o que fixo que fora elixido no mellor quinteto de rookies do ano.

Deron comezou a tempada 2006-2007 coma titular, e os Jazz tiveron o mellor arranque da súa historia, con 12 partidos gañados por 1 perdido. Esta foi a tempada da súa confirmación, conseguindo ademáis 5 dobles-dobles e rematando o ano con 16,2 puntos e 9,3 asistencias de promedio.

Nos seus dous primeiros anos coma profesional participou en ámbolos dous no Rookie Challenge do All-Star Weekend, o partido entre novatos e xogadores de segundo ano da festa anual da NBA.

Logros personais

  • Elixido no mellor quinteto de rookies en 2006.
  • Seleccionado para participar no T-Mobile Rookie Challenge de Las Vegas na tempada 2006 - 2007.
  • O 16 de Febreiro de 2008, durante o concurso de habilidades do All-Star da NBA, conseguiu batir o record mundial e proclamarse campión, cun tempo de 25,5 segundos.

Curiosidades

  • A súa nai, Denise Smith, e a súa tía, Judy Ward, xogaron ao baloncesto e ao voleibol en West Liberty State.
  • Os seus xogadores favoritos son Jason Kidd e Frank Williams.
  • A súa película preferida é Friday.
  • Ten unha filla chamada Danae.

Enlaces externos