Virxinia Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «West Virginia»)
Modelo:Xeografía políticaVirxinia Occidental
State of West Virginia (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoTake Me Home, Country Roads (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Montani semper liberi» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialCardinalis cardinalis (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeMountain State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aColónia da Virgínia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°00′N 80°30′O / 39, -80.5Coordenadas: 39°00′N 80°30′O / 39, -80.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalCharleston, Virxinia Occidental Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deVirxinia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.793.716 (2020) Editar o valor em Wikidata (28,58 hab./km²)
Número de fogares734.235 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie62.755 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,79 % Editar o valor em Wikidata
Altitude455 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSpruce Knob (en) Traducir (1.482 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Potomac Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación20 de xuño de 1863 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of West Virginia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governor of West Virginia (en) Traducir Editar o valor em WikidataJim Justice (pt) Traducir (2017–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoWest Virginia Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Apelacións de Virxinia Occidental Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-WV Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1779805 Editar o valor em Wikidata

Páxina webwv.gov Editar o valor em Wikidata

Virxinia Occidental[1] é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América na rexión dos Apalaches. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a guerra civil estadounidense no ano 1862, e foi admitida na Unión como estado separado o 20 de xuño de 1863. É o único estado formado como resultado directo da guerra civil, e o único formado da escisión dun estado preexistente.

Virxinia Occidental é coñecida polas súas montañas, pola súa minería do carbón e pola súa industria forestal. É tamén coñecida polas súas belas paisaxes naturais e como destino turístico para as persoas interesadas en actividades ao aire libre tales como o esquí, rafting en balsa, escalada, pesca, excursionismo e caza.

Virxinia Occidental ten fronteira con Pensilvania ao norte, con Ohio ao norte e ao oeste, con Kentucky ao oeste, por Maryland ao norte e ao leste e con Virxinia ao leste e ao sur. Os ríos Ohio e Potomac forman parte dos límites do estado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Virxinia Occidental é o único estado na nación localizado completamente dentro da cordilleira dos Apalaches, e no que tódalas súas áreas son montañosas; por esta razón é alcumado The Mountain State (O Estado Montaña). Aproximadamente o 75 % do estado está dentro das rexións Meseta Cumberland e Meseta Allegheny. Aínda que o relevo non sexa moi alto, estas rexións son extremadamente accedentadas na maior parte das áreas.

Na liña estatal do Leste con Virxinia, os altos picos na rexión Bosque Nacional Monongahela crean unha illa de clima mais frío e ecosistemas similares aos do norte de Nova Inglaterra e o leste do Canadá. O punto máis alto do estado é Spruce Knob, con 1.482 m de altitude e está cuberto por un denso bosque boreal de abetos en altitudes por encima de 1.220 m. Spruce Knob está dentro do Bosque Nacional Monongahela e é unha parte da Spruce Knob-Seneca Rocks National Recreation Area. Tamén poden atoparse dentro do bosque un total de seis áreas de páramo. Saíndo do bosque, ao sur, o New River Gorge é un profundo canón de 304 m esculpido polo New River. O Servizo de Parques Nacionais controla unha parte do desfiladeiro e o río que foi designado como o New River Gorge National River, un dos só 15 ríos nos Estados Unidos con este nivel de protección.

Outras áreas baixo protección e control inclúen:

  • Appalachian National Scenic Trail
  • Bluestone National Scenic River
  • Canaan Valley National Wildlife Refuge
  • Chesapeake and Ohio Canal National Historical Park
  • Gauley River National Recreation Area
  • George Washington National Forest
  • Harpers Ferry National Historical Park
  • Ohio River Islands National Wildlife Refuge

A vexetación nativa na maior parte do estado era orixinalmente o bosque de madeira dura cunha mestura de carballo, castiñeiro, pradairo, faia, e piñeiro branco, con salgueiro e sicómoro americano ao longo dos cursos de auga do estado. Moitas das áreas son ricas en biodiversidade e beleza paisaxística, un feito que é apreciado pola poboación de Virxinia Occidental, que se refiren ao seu fogar como Almost Heaven (Case o Ceo).

Os estratos de roca subxacentes son pedras areniscas, lousas, camas de carbón bituminoso, e pedras calcarias depositadas cerca da contorna dos bordos de sedimentos procedentes das montañas ao leste, e nun mar interior pouco profundo no oeste. Algúns leitos presentan un ambiente de pantano costeiro, algún delta de río, algo de auga superficial. O nivel do mar elevouse e caeu moitas veces durante as eras Mississippian e Pensilvanian (Épocas do Período Carbonífero), creando unha variedade de estratos de roca. As Montañas Apalaches son unhas das máis antigas da terra, formadas hai máis de 300 millóns de anos.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Virxinia Occidental está entre un clima subtropical húmido (Clasificación climática de Köppen Cfa) nas elevacións mais baixas da parte suroeste do estado (incluído Huntington) e partes do Eastern Panhandle ao leste dos Apalaches con cálidos e húmidos veráns e invernos suaves. O resto do estado ten un clima continental húmido (Clasificación climática de Köppen Dfa, excepto Dfb nas zonas máis altas) con calorosos e húmidos veráns e invernos fríos, que aumentan en severidade cando aumenta a elevación. Con todo, o clima é cambiante en tódalas partes do estado. As zonas mais rigorosas esténdense desde a zona 5b nos Apalaches centrais á zona 7a nas partes mais calorosas das estribacions máis baixas. No Eastern Panhandle e o Val do río Ohio as temperaturas son o bastante quentes para ver e cultivar plantas subtropicais como a magnolia grandiflora, albizia julibrissin, liquidámbar americano e ocasionalmente algunhas palmas de agulla e sabales menores. Estas plantas non prosperan noutras partes do estado.

As temperaturas medias en xaneiro móvense entre os -2 °C cerca do Río Cheat e os 5 °C ao longo de seccións da fronteira con Kentucky. A media de xullo vai dos 19 °C ao longo da rama norte do Río Potomac a 24 °C na parte occidental do estado. O clima é máis frío nas montañas que nas seccións menos elevadas do estado.

A precipitación anual esténdese de menos de 810 mm na sección inferior do Leste, a máis de 1.400 mm nas partes máis altas de Allegheny Front. Practicamente máis da metade das precipitacións de choiva ocorren de abril a setembro. As néboas densas son comúns en moitos vales da sección Kanawha, sobre todo o Val Tygart. A neve polo xeral dura só uns días nas partes menos elevadas do estado, pero pode persistir durante semanas nas áreas de montaña máis altas. Unha media de 86 cm de neve cae anualmente en Charleston, aínda que durante o inverno de 1995-1996 máis de tres veces esa cantidade caeu en varias cidades do estado, establecendo novos máximos nos rexistros de nevadas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Crecemento da poboación de Virxinia Occidental
Ano Habitantes
1790 55.873
1800 78.592
1810 105.469
1820 136.808
1830 176.924
1840 224.537
1850 302.313
1860 376.688
1870 442.014
1880 618.457
1890 762.794
Ano Habitantes
1900 958.800
1910 1.221.119
1920 1.463.701
1930 1.729.205
1940 1.901.974
1950 2.005.552
1960 1.860.421
1970 1.744.237
1980 1.949.644
1990 1.793.477
2000 1.808.344
Pirámide de idadade de Virxinia Occidental.

De acordo co censo nacional de 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, a poboación de Virxinia Occidental era de 1.808.344 habitantes, un crecemento do 0,8% en relación á poboación do estado en 1990 que era de 1.793.477 habitantes. Unha estimativa realizada en 2005 calcula a poboación do estado en 1.816.856 habitantes, un crecemento do 1,3% en relación á poboación do estado en 1990, do 0,5%, en relación á poboación do estado en 2000, e do 0,2% en relación á poboación estimada en 2004.

O descenso da poboación natural entre 2000 e 2005 foi de 3.296 habitantes - 108.292 nacementos 111.588 falecementos - o crecemento de poboación causado pola inmigración foi de 14.209 habitantes, mentres que a migración interestatal incrementouse en 3.691 habitantes. Entre 2000 e 2005, a poboación de Virxinia Occidental creceu en 8.506 habitantes.

O 5,6% da poboación de Virxinia Occidental posúe menos de 5 anos de idade, o 22,3% posúe menos de 18 anos de idade e o 15,3% da poboación do estado posúe 65 anos ou máis de idade. A poboación de sexo feminino compón aproximadamente o 51,4% da poboación do estado.

Razas e etnias[editar | editar a fonte]

Composición racial da poboación de Virxinia Occidental:

  • 94,7% Brancos
  • 3,1% Afroamericanos
  • 0,7% Hispanos
  • 0,5% Asiáticos
  • 0,2% Nativos americanos
  • 0,9% Dous ou máis razas

Os cinco maiores grupos étnicos de Virxinia Occidental son americanos que forman o 23,2% da poboación do estado (principalmente descendentes de irlandeses ou escoceses), alemáns (17,2%), irlandeses (13,5%), ingleses (12%) e italianos (4,8%).

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Moeda de 25 centavos de dólar de Virxinia Occidental.

O Produto Interior Bruto de Virxinia Occidental foi de 53.782 millóns de dólares en 2005. A renda per cápita do estado, pola súa banda, foi de 29.602 dólares, a segunda máis pequena do país, só detrás de Mississippi. A taxa de desemprego é do 5,3%.

O sector primario supón o por 5% do PIB de Virxinia Occidental. Xuntas, a agricultura e a gandería o 1% do PIB do estado, e empregan aproximadamente 29,9 mil persoas. Os efectos da industria madeireira e da pesca non son de gran magnitude na economía do estado. Virxinia Occidental posúe preto de 21 mil granxas, que cobren aproximadamente o 85% do estado. Os principais produtos da industria agropecuaria son as aves, carne e leite gañado bovino, palla, millo, tabaco, mazá e pexego.

O sector secundario achega o 18% do PIB. A industria de manufactura co 16% do PIB do estado, emprega aproximadamente a 84,6 mil persoas. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 9.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son produtos químicos, mobles de madeira e equipamentos de transportes. A minería achega o 7% do PIB, empregando a preto de 26,3 mil persoas. O principal recurso natural extraído no estado é o carbón. Outros recursos naturais importantes son petróleo e granito. A industria de construción supón o 5% do PIB do estado, empregando aproximadamente a 48,9 mil persoas.

O sector servizos supón a maioría do PIB de Virxinia Occidental, co 77%. Cerca do 18% do PIB do estado é xerado a través de servizos comunitarios e persoais. Este sector emprega preto de 263,6 mil persoas. Os Servizos gobernamentais responden polo 16% do PIB, empregando aproximadamente 84,6 mil persoas. O comercio por xunto e polo miúdo son o 15% do PIB do estado, e emprega aproximadamente a 192,8 mil persoas. Os Servizos financeiros e inmobiliarios preto de 15% do PIB do estado, empregando aproximadamente 46,9 mil persoas. Transportes, telecomunicacións e servizos públicos empregan unhas 44,9 mil persoas, e responden polo 11% do PIB. O 99,5% da electricidade xerada no estado é producida en centrais termoeléctricas a carbón. O resto é producido en pequenas centrais hidroeléctricas e en centrais termoeléctricas a petróleo ou gas natural.

Educación[editar | editar a fonte]

Ao converterse nun estado, en 1863, Virxinia Occidental estableceu un sistema de escolas públicas. En 1933, os 398 distritos escolares do estado foron reorganizados en 55 distritos, cada unha operando dentro de cada condado.

Actualmente todas as institucións educativos en Virxinia Occidental necesitan seguir regras e normas ditadas polo Consello de Educación de Virxinia Occidental, composto por nove membros escollidos polo gobernador para mandatos de ata nove anos de duración. Este consello é administrado por un superintendente, elixido pola poboación do estado para mandatos de ata catro anos de duración. Virxinia Occidental posúe 55 distritos escolares, cada unha operando nun condado. Cada distrito escolar posúe os seus propios superintendentes. En Virxinia Occidental non se permite a operación de "escolas charter" - escolas públicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos públicos para operar. A escolarización é obrigatoria para todas os nenos e adolescentes con máis de seis anos de idade, ata a conclusión do ensino secundario ou ata os quince anos de idade.

En 1999, as escolas públicas do estado atenderon preto de 291,8 mil estudantes, empregando aproximadamente a 21,1 mil profesores. Escolas privadas atenderon preto de 15,9 mil estudantes, empregando aproximadamente a 1,5 mil profesores. O sistema de escolas públicas do estado supuxo preto de 1.987 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas é de aproximadamente 7,2 mil dólares por estudante. Cerca do 78,7% dos habitantes do estado con máis de 25 anos de idade posúen un diploma de ensino secundario.

A primeira biblioteca de Virxinia Occidental foi fundada en 1808, en Wheeling. A primeira biblioteca pública, pola súa banda, foi fundada o 18 de maio de 1859, no Condado de Ohio. Actualmente, o estado posúe preto de 97 sistemas de bibliotecas públicas, que moven unha media de 4,4 libros por habitante.

A Universidade de Virxinia Occidental posúe 37 institucións de educación superior, das cales 15 son públicas e 22 son privadas. A primeira institución de ensino superior do estado, a Universidade de Virxinia Occidental, foi fundada en 1867, en Morgantown. A Universidade de Virxinia Occidental é actualmente a maior institución de ensino superior do estado.

Transportes e medios de comunicación[editar | editar a fonte]

Charleston é o principal centro de transportes de Virxinia Occidental. O estado, en 2002, posuía 3.595 quilómetros de vías ferroviarias. O carbón supón o 95% da carga ferroviaria transportada no estado. En 2003, Virxinia Occidental posuía 59.534 quilómetros de vías públicas, dos cales 884 quilómetros eran estradas interestatais, considerados parte do sistema federal viario dos Estados Unidos.

O primeiro xornal de Virxinia Occidental, o Potomak Guardian and Berkeley Advertiser, foi publicado por primeira vez en 1790, en Shepherdstown. O xornal máis antigo do estado aínda en circulación, pola súa banda, é The Intelligencer, impreso en Wheeling por primeira vez en 1852. Actualmente, son publicados no estado 97 xornais, dos cales 21 son diarios.

A primeira estación de radio de Virxinia Occidental foi fundada en 1923, en Huntington. A primeira estación de televisión foi fundada en 1949, tamén en Huntington. Actualmente, Virxinia Occidental posúe 123 estacións de radio - dos cales 51 son AM e 72 son FM - e 11 estacións de televisión.

Cultura[editar | editar a fonte]

Símbolos do estado[editar | editar a fonte]

  • Árbore: Pradairo sacarino (Acer saccharum)
  • Bolboreta: Bolboreta monarca (Danaus plexippus))
  • Alcumes:
    • The Mountain State
    • The Panhandle State (non oficial)
  • Cores: Azul e dourado
  • Flor: Rhododendron maximum
  • Froita: Mazá
  • Xema: Lithostrotionella fosilizada
  • Insecto: Abella
  • Lema: Montani semper liberi (do latín: Os montañeiros son sempre libres)
  • Mamífero: Oso negro americano (Ursus americanus)
  • Músicas:
    • The West Virginia Hills
    • This Is My West Virginia
    • West Virginia, My Home Sweet Home
    • Take Me Home, Country Roads (non oficial, música de John Denver)
  • Ave: Cardinalidae
  • Peixe: Troita (Salvelinus fontinalis)
  • Eslogan: Wild and Wonderful (Salvaxe e Marabillosa), presente nas placas de matrícula dos vehículos do estado como Wild, Wonderful.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Virxinia Occidental». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2187. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]