Cogito ergo sum: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: mk:Cogito ergo sum |
m bot Modificado: ca:Cogito, ergo sum |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
[[Categoría:Locucións latinas]] |
[[Categoría:Locucións latinas]] |
||
[[ca:Cogito ergo sum]] |
[[ca:Cogito, ergo sum]] |
||
[[cs:Cogito ergo sum]] |
[[cs:Cogito ergo sum]] |
||
[[cv:Cogito ergo sum]] |
[[cv:Cogito ergo sum]] |
Revisión como estaba o 15 de xuño de 2009 ás 10:56
A locución latina Cogito ergo sum, que en galego se traduce como Penso, logo existo (ou penso, polo tanto, existo) ou máis tradicionalmente, penso, logo, eu son, é unha formulación filosófica de René Descartes, o cal se converteu no elemento fundamental do racionalismo occidental. "Cogito ergo sum" é unha tradución da formulación orixinal de Descartes en francés: "Je pense, donc je suis", atopado no seu famoso Discurso do método (1637).
Aínda que a idea expresada en "cogito ergo sum" atribúese a Descartes, moitos predecesores ofreceron argumentos similares, particularmente Agostiño de Hipona en De Civitate Dei (libros XI, 26), o cal se anticipa a modernos contrapuntos sobre o concepto. (véxase Principios de filosofía 1, §7: "Ac proinde haec cognitio, ego cogito, ergo sum, est omnium prima & certissima, quae cuilibet ordine philosophanti occurrat." o que significa, "E polo tanto esta reflexión, penso logo existo, é a primeira e máis certa de todas cantas se lle presentan aos que filosofan ordeadamente")
Introdución
A frase "cogito ergo sum" non é utilizada no traballo máis importante de Descartes, as Meditacións metafísicas, pero o termo "O cogito" (ás veces confuso) é utilizado para referirse a un argumento del. Descartes sentiu que a frase, a cal usou no seu anterior "Discurso", fora confundida no seu sentido aparecendo como unha inferencia, polo cal cambiouna a "Eu son, eu existo" (tamén chamado a primeira certeza) para evitar o termo "cogito".