Inocencio I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies'
Liña 1: Liña 1:
{{PapS-V}}
{{PapS-V}}
[[Ficheiro:Innocentius I.jpg|thumb|left|Inocencio I]]

'''Inocencio I''', natural de [[Albano]], foi o [[papa]] nº 40 da [[Igrexa Católica]].
'''Inocencio I''', natural de [[Albano]], foi o [[papa]] nº 40 da [[Igrexa Católica]].



Revisión como estaba o 12 de xuño de 2009 ás 18:55

Modelo:PapS-V

Inocencio I

Inocencio I, natural de Albano, foi o papa nº 40 da Igrexa Católica.

Segundo o Liber Pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).

Foi elexido o 21 de decembro de 401. Ordeou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.

O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interviu para reintegralo á súa sede.

Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agustín de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.

O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.

Morreu o 12 de marzo de 417.

Ligazóns externas