Inocencio I, papa: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: fa:اینوسنت یکم |
m bot Modificado: zh:教宗依诺增爵一世 |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[tl:Inocencio I]] |
[[tl:Inocencio I]] |
||
[[uk:Іннокентій I]] |
[[uk:Іннокентій I]] |
||
[[zh: |
[[zh:教宗依诺增爵一世]] |
Revisión como estaba o 1 de xuño de 2009 ás 01:29
Inocencio I, natural de Albano, foi o papa nº 40 da Igrexa Católica.
Segundo o Liber Pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).
Foi elexido o 21 de decembro de 401. Ordeou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.
O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interviu para reintegralo á súa sede.
Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agustín de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.
O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
Morreu o 12 de marzo de 417.