Floris III de Holanda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
cat.
Liña 8: Liña 8:
En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na [[Terceira Cruzada]]. Morreu en 1190 en [[Antioquía]] por unha peste e alí foi soterrado.
En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na [[Terceira Cruzada]]. Morreu en 1190 en [[Antioquía]] por unha peste e alí foi soterrado.


[[Categoría:Personalidades históricas]]
[[Categoría:Nobreza]]


[[de:Florens III. (Holland)]]
[[de:Florens III. (Holland)]]

Revisión como estaba o 23 de maio de 2009 ás 16:32

Floris III de Holanda (11411 de agosto de 1190), conde de Holanda desde 1157 ata 1190.

Floris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Frederico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178, en agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.

O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.

En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.