Josep Carreras: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: uk:Хосе Каррерас |
|||
Liña 15: | Liña 15: | ||
En 1991 foi galardonado co [[Premio Príncipe de Asturias das Artes]]. |
En 1991 foi galardonado co [[Premio Príncipe de Asturias das Artes]]. |
||
O [[13 de |
O [[13 de setembro]] de 2002 inaugurou en [[San Xuan de Alacante]] unha praza en homenaxe a labor realizada na loita contra a leucemia. |
||
O [[22 de |
O [[22 de setembro]] de 2006 inaugurou en [[Fuenlabrada]] un Teatro que leva o seu nome. |
||
O [[17 de xuño]] de 2008 celebra un acto no [[Teatre del Liceu]] de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debutamento no mesmo escenario |
O [[17 de xuño]] de 2008 celebra un acto no [[Teatre del Liceu]] de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debutamento no mesmo escenario |
Revisión como estaba o 11 de maio de 2009 ás 12:23
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
Josep Carreras, (Barcelona, 5 de decembro de 1946) (Retirouse o 7 de maio de 2009), máis coñecido internacionalmente como José Carreras, é un famoso tenor español, famoso polas súas interpretacións en obras de Verdi e de Puccini. Adquiriu fama grazas a súa participación en "Os Tres Tenores" xunto a Luciano Pavarotti e Plácido Domingo.
Biografía
Carreras demostrou as súas aptitudes musicais dende neno. A idade de oito anos realizou a súa primeira actuación en público o cantar La donna è mobile na radio española. Os once años apareceu por primeira vez no Liceu barcelonés como un xove soprano no papel de narrador da ópera de Manuel de Falla El retablo de Maese Pedro e nun pequeño papel no segundo acto de La Bohème.
Durante a súa adolescencia, Carreras estudou no Conservatorio Superior de Música do Liceo. Debutou en 1970 en Barcelona como Ismael en Nabucco e na ópera Norma, chamando a atención da soprano Montserrat Caballé que protagonizaba a obra. Caballé invitoulle a cantar na producción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras. Volveu a cantar con Caballé no 1971 interpretando Maria Stuarda en Londres. Os dous cantantes coincidiron en varias obras.
En 1972 debutou nos Estados Unidos no papel de Pinkerton de Madame Butterfly. En 1973 debutou en Londres, e no 1974 en Viena interpretando A Traviata. Os 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En 1978 interpretou Don Carlo no Festival de Salzburgo, baixo a dirección de Karajan.
En 1984 recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya.
En 1987, cando se atopaba no cume de su carreira, foixe diagnosticada unha Leucemia e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluiron radioterapia e quimioterapia e un autotrasplante de médula, Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En 1988 fundou a Fundación Josep Carreras contra a leucemia, unha organización que apoia económicamente a investigación contra a leucemia e que mantñen un banco de donantes de médula ósea.
En 1991 foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias das Artes.
O 13 de setembro de 2002 inaugurou en San Xuan de Alacante unha praza en homenaxe a labor realizada na loita contra a leucemia.
O 22 de setembro de 2006 inaugurou en Fuenlabrada un Teatro que leva o seu nome.
O 17 de xuño de 2008 celebra un acto no Teatre del Liceu de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debutamento no mesmo escenario