Josep Carreras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Josep Carreras
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 58: Liña 58:
[[sl:José Carreras]]
[[sl:José Carreras]]
[[sv:José Carreras]]
[[sv:José Carreras]]
[[uk:Каррерас Хосе]]
[[uk:Хосе Каррерас]]
[[zh:何塞·卡雷拉斯]]
[[zh:何塞·卡雷拉斯]]
[[zh-yue:卡里拉斯]]
[[zh-yue:卡里拉斯]]

Revisión como estaba o 9 de maio de 2009 ás 20:25

Josep Carreras, (Barcelona, 5 de decembro de 1946) (Retirouse o 7 de maio de 2009), máis coñecido internacionalmente como José Carreras, é un famoso tenor español, famoso polas súas interpretacións en obras de Verdi e de Puccini. Adquiriu fama grazas a súa participación en "Os Tres Tenores" xunto a Luciano Pavarotti e Plácido Domingo.

Biografía

Carreras demostrou as súas aptitudes musicais dende neno. A idade de oito anos realizou a súa primeira actuación en público o cantar La donna è mobile na radio española. Os once años apareceu por primeira vez no Liceu barcelonés como un xove soprano no papel de narrador da ópera de Manuel de Falla El retablo de Maese Pedro e nun pequeño papel no segundo acto de La Bohème.

Durante a súa adolescencia, Carreras estudou no Conservatorio Superior de Música do Liceo. Debutou en 1970 en Barcelona como Ismael en Nabucco e na ópera Norma, chamando a atención da soprano Montserrat Caballé que protagonizaba a obra. Caballé invitoulle a cantar na producción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras. Volveu a cantar con Caballé no 1971 interpretando Maria Stuarda en Londres. Os dous cantantes coincidiron en varias obras.

En 1972 debutou nos Estados Unidos no papel de Pinkerton de Madame Butterfly. En 1973 debutou en Londres, e no 1974 en Viena interpretando A Traviata. Os 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En 1978 interpretou Don Carlo no Festival de Salzburgo, baixo a dirección de Karajan.

En 1984 recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya.

En 1987, cando se atopaba no cume de su carreira, foixe diagnosticada unha Leucemia e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluiron radioterapia e quimioterapia e un autotrasplante de médula, Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En 1988 fundou a Fundación Josep Carreras contra a leucemia, unha organización que apoia económicamente a investigación contra a leucemia e que mantñen un banco de donantes de médula ósea.

En 1991 foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias das Artes.

O 13 de septiembre de 2002 inaugurou en San Xuan de Alacante unha praza en homenaxe a labor realizada na loita contra a leucemia.

O 22 de septembro de 2006 inaugurou en Fuenlabrada un Teatro que leva o seu nome.

O 17 de xuño de 2008 celebra un acto no Teatre del Liceu de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debutamento no mesmo escenario

Ligazóns externas