Peroné: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:عظم الشظية
DragonBot (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
[[th:กระดูกน่อง]]
[[th:กระดูกน่อง]]
[[tr:Fibula]]
[[tr:Fibula]]
[[uk:Малогомілкова кістка]]
[[uk:Мала гомілкова кістка]]

Revisión como estaba o 4 de abril de 2009 ás 07:19

É un óso longo da parte externa da perna. Posúe unha epífise proximal, diáfise e epífise distal.

Estrutura e insercións musculares

  • Epífise proximal: posúe unha apófise ósea e unha superficie articular pequena. Presta inserción ó músculo bíceps crural e o ligamento lateral externo do xeonllo na apófise; e ó músculo sóleo e peroneo lateral longo nesa superficie.
  • Diáfise: Tres superficies e tres bordos.
    • Superficie posterior: Insírese o sóleo no terzo superior, o tibial posterior e os flexores dos dedos comúns e I dedo no terzo medio. No terzo inferior achamos os músculos peroneos laterais longo e curto, que só pasan por aquí, non se insiren
    • Superficie interna: Hai febras de inserción do tibial anterior.
    • Superficie externa: Insírense os peroneos laterais longo e curto.
    • Bordo anterior: Moi afiado, sen insercións importantes.
    • Bordo interno: Permite a inserción do ligamento interóseo.
    • Bordo externo: Permite a inserción do tabique osteofibrótico externo.
  • Epífise distal: O peroné remata no maleolo peroneo, que se artellará co astrágalo. Este maleolo permite a inserción do ligamento lateral externo do nocello.

Articulacións do peroné