Xosé Luís Méndez Ferrín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións pasando nalgunhas delas un período no cárcere.
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións pasando nalgunhas delas un período no cárcere.

Na actualidade é mestre de literatura no [[Instituto Santa Irene]]. Tamén é columnista no xornal [[Faro de Vigo]], e dirixe a revista de crítica política [[A Trabe de Ouro]]. Ferrín é membro da [[Real Academia Galega]] e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.
Na actualidade é mestre de literatura no [[Instituto Santa Irene]]. Tamén é columnista no xornal [[Faro de Vigo]], e dirixe a revista de pensamento crítico [[A Trabe de Ouro]], que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares, e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da [[Real Academia Galega]] e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.
Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó [[Premio Nobel de Literatura]] no ano [[1999]] pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico.

Liña 18: Liña 18:
Xa en [[1958]] forma parte do grupo literario nacionalista Brais Pinto. En [[1964]] participa na creación da [[Unión do Povo Galego]]. Debido á súa actividade política é acusado de propaganda ilegal en [[1967]] e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En [[1968]] é procesado por rebelión militar pero finalmente foi sobreseído. En [[1969]], durante o estado de excepción, volve a ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais. En [[1972]], debido ás folgas de maio e setembro en [[Vigo]], houbo contra el unha orde de busca e captura o que lle obrigou a pasar á clandestinidade. En [[1977]] participa na formación da [[Unión do Povo Galego–liña proletaria]], que se converterá en [[1978]] no [[Partido Galego do Proletariado]], e en [[1979]] na creación da organización de liberación nacional [[Galicia Ceibe]]. Así, en [[1980]], é detido baixo a acusación de tenencia de armas e cumpre unha condea de tres meses no cárcere de [[Segovia]]. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as [[Redes Escarlata]] e é membro destacado da organización política [[FPG]] ([[Frente Popular Galega]]).

== Traballo literario ==
== Obras publicadas ==

Como poeta fíxose notar co seu primeiro libro de poemas ''Voce na néboa'' 1957.
Como poeta fíxose notar co seu primeiro libro de poemas ''Voce na néboa'' 1957.
Liña 70: Liña 70:
• ''No ventre do silencio'' 1999. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.
• ''No ventre do silencio'' 1999. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.

Outros xéneros:

• ''Conversas con Xosé Luis Méndez Ferrín'' 2006.
{{en progreso}}

== Enlaces externos ==
== Enlaces externos ==

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2006 ás 09:50

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 Setembro 1938). Escritor galego amplamente recoñecido como o máis importante e representativo da literatura galega actual.

Vida

Na súa infancia reside en Ourense con estanzas en Vilanova dos Infantes. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de bacharelato, e trasládase, despoixas, en 1949, coa súa familia a Pontevedra. É alí onde remata os estudos de grao medio.

Nos anos 50 faise consciente da realidade galega, o que deixará nel unha fonda pegada nacionalista, que non abandonará nunca.

En 1955 el e a súa familia trasládase a Vigo. Neste momento é cando comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural, artillado en torno á Editorial Galaxia e á figura de Ramón Piñeiro. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto co galeguismo alí ubicado. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto. O grupo constituíuse en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Despoixas de facer o servizo militar en Canarias pasa dous anos, 1962 e 1964, en Lugo, exercendo de profesor no Colexio Fingoi ata que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo, e instálase en Vigo.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións pasando nalgunhas delas un período no cárcere.

Na actualidade é mestre de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo, e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares, e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía. Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico.

Actividade política

Xa en 1958 forma parte do grupo literario nacionalista Brais Pinto. En 1964 participa na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política é acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 é procesado por rebelión militar pero finalmente foi sobreseído. En 1969, durante o estado de excepción, volve a ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais. En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que lle obrigou a pasar á clandestinidade. En 1977 participa na formación da Unión do Povo Galego–liña proletaria, que se converterá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na creación da organización de liberación nacional Galicia Ceibe. Así, en 1980, é detido baixo a acusación de tenencia de armas e cumpre unha condea de tres meses no cárcere de Segovia. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).

Obras publicadas

Como poeta fíxose notar co seu primeiro libro de poemas Voce na néboa 1957.

Antoloxía Popular 1972, co seudónimo de Heriberto Bens.

Sirventés pola destrucción de Occitania 1975.

Con pólvora e magnolias 1977. Premio da Crítica.

Poesía enteira de Heriberto Bens 1980.

O fin dun canto 1982.

Erótica 1992.

Estirpe 1994. Premio Losada Diéguez.

O outro 2002.

Era na selva de Esm 2004.

Contra Maquieiro 2005.

Os seus traballos en prosa, inclúen narrativa e ensaio. • Percival e outras historias 1958.

O crepúsculo e as formigas 1961.

Arrabaldo do norte 1964.

Retorno a Tagen Ata 1971.

Elipsis e outras sombras 1974.

Antón e os inocentes 1976.

Crónica de nós 1980.

Amor de Artur 1982.

Arnoia, Arnoia 1985.

Bretaña Esmeraldina 1987. Premio Crítica Galicia.

De Pondal a Novoneyra 1984.

Arraianos 1991. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española.

No ventre do silencio 1999. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa “Carlos Blanco”.

Outros xéneros:

Conversas con Xosé Luis Méndez Ferrín 2006.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Enlaces externos

Sitio web da UPG

Sitio das Redes Escarlata

Real Academia Galega