Cometa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: is
Xosel (conversa | contribucións)
gravidade
Liña 11: Liña 11:
Cando o núcleo está conxelado, pode ser visto soamente debido á luz solar reflexada. Sen embargo, cando se crea a cabeleira, o pó reflexa máis luz solar e o gas da cabeleira absorbe a [[radiación_ultravioleta]] e comeza a [[fluorescencia|fluorescer]]. A unhas 5 UA do sol, a fluorescencia xeralmente faise máis intensa que a luz reflexada.
Cando o núcleo está conxelado, pode ser visto soamente debido á luz solar reflexada. Sen embargo, cando se crea a cabeleira, o pó reflexa máis luz solar e o gas da cabeleira absorbe a [[radiación_ultravioleta]] e comeza a [[fluorescencia|fluorescer]]. A unhas 5 UA do sol, a fluorescencia xeralmente faise máis intensa que a luz reflexada.


Á medida que o cometa absorbe a luz ultravioleta, os procesos químicos desprenden [[H/elemento|hidróxeno]], que escapa á gravedade do cometa e forma unha envolta de hidróxeno. Esta envolta non pode ser vista dende a Terra xa que a súa luz é absorbida pola nosa atmósfera, pero foi detectada polas naves espaciais.
Á medida que o cometa absorbe a luz ultravioleta, os procesos químicos desprenden [[H/elemento|hidróxeno]], que escapa á gravidade do cometa e forma unha envolta de hidróxeno. Esta envolta non pode ser vista dende a Terra xa que a súa luz é absorbida pola nosa atmósfera, pero foi detectada polas naves espaciais.


A [[presión]] da radiación solar e os ventos solares aceleran os materiais alonxándoos da cabeza do cometa a diferentes velocidades de acordo co tamaño e masa dos materiais. Por isto, as colas de pó relativamente masivas son aceleradas máis amodo e acostuman ser combadas. A cola [[ión|iónica]] é moito menos masiva, e é acelerada tanto que aparece como unha liña casi recta que se extende dende o cometa no lado oposto ó sol.
A [[presión]] da radiación solar e os ventos solares aceleran os materiais alonxándoos da cabeza do cometa a diferentes velocidades de acordo co tamaño e masa dos materiais. Por isto, as colas de pó relativamente masivas son aceleradas máis amodo e acostuman ser combadas. A cola [[ión|iónica]] é moito menos masiva, e é acelerada tanto que aparece como unha liña casi recta que se extende dende o cometa no lado oposto ó sol.

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2006 ás 00:19

  1. Significado astronómico (ver máis abaixo)
  2. Cometa - aparello

Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mezcla de grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ó espacio profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón.

As estructuras dos cometas son diversas e moi dinámicas, pero todos eles desenvolven unha nube de material difuso que os rodea, denominada cabeleira (a 'cola', que vai detrás ó achegarse ó sol e diante ó alonxarse, pasando a chamarse ás veces 'barba'), que xeralmente crece en tamaño e brillo á medida que o cometa se aproxima ó Sol. Xeralmente é visible un pequeno núcleo brillante (de menos de 10 quilómetros de diámetro) cara a un extremo da cabeleira. A cabeleira e mailo núcleo xuntos constitúen a cabeza do cometa ou cometa visible.

Á medida que os cometas se aproximan ó Sol desenvolven colas enormes de material luminoso que se extenden por millóns de kilómetros dende a cabeza, alonxándose do Sol. Cando están lonxe do Sol, o núcleo está moi frío e o seu material está conxelado. Neste estado os cometas receben a veces o nome de "iceberg suxo" ou "bola de neve suxa". Cando un cometa se aproxima ó Sol, a poucas UA (unidades astronómicas) do Sol, a superficie do núcleo comeza a quencer e os volátiles evapóranse. As moléculas evaporadas despréndense e arrastran con elas pequenas partículas sólidas formando a cabeleira do cometa, de gas e pó.

Cando o núcleo está conxelado, pode ser visto soamente debido á luz solar reflexada. Sen embargo, cando se crea a cabeleira, o pó reflexa máis luz solar e o gas da cabeleira absorbe a radiación_ultravioleta e comeza a fluorescer. A unhas 5 UA do sol, a fluorescencia xeralmente faise máis intensa que a luz reflexada.

Á medida que o cometa absorbe a luz ultravioleta, os procesos químicos desprenden hidróxeno, que escapa á gravidade do cometa e forma unha envolta de hidróxeno. Esta envolta non pode ser vista dende a Terra xa que a súa luz é absorbida pola nosa atmósfera, pero foi detectada polas naves espaciais.

A presión da radiación solar e os ventos solares aceleran os materiais alonxándoos da cabeza do cometa a diferentes velocidades de acordo co tamaño e masa dos materiais. Por isto, as colas de pó relativamente masivas son aceleradas máis amodo e acostuman ser combadas. A cola iónica é moito menos masiva, e é acelerada tanto que aparece como unha liña casi recta que se extende dende o cometa no lado oposto ó sol.

A súa orixe aceptada en xeral é a chamada Nube de Oort, zona alén Plutón na que se cree que se moven moitos corpúsculos que de cando en vez (polo paso dunha estrela máis achegada, por exemplo) desequilibran a súa traxectoria iniciando unha viaxe ata o Sistema Solar máis interno.

(Ver Galizionario para máis definicións Cometa)