Cándida Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de xaneiro de 2022 ás 14:04 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Biografía |fillos=non tivo }} '''Cándida Filomena Otero Fontán''', nada en Pontevedra en 1846 e finada en Vigo en 1915, foi unha galega pioneira da fotografía profesional. miniatura|Retrato feito por "F. Prosperi y Señora" en 1900. Prosperi morrera en 1899. == Traxectoria == O 25 de setembro de 1869 casou na mesma igrexa que fora bautizada, Igrexa de San Bartolomeu de Ponteve...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Infotaula de personaCándida Otero
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1846 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1915 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo profesional Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFelipe Prósperi
Fillosnon tivo

Cándida Filomena Otero Fontán, nada en Pontevedra en 1846 e finada en Vigo en 1915, foi unha galega pioneira da fotografía profesional.

Retrato feito por "F. Prosperi y Señora" en 1900. Prosperi morrera en 1899.

Traxectoria

O 25 de setembro de 1869 casou na mesma igrexa que fora bautizada, San Bartolomeu de Pontevedra, co italiano Felipe Prósperi (1817-1899), moito mais vello ca ela.[1] Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.

Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociouse con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi.[2]

O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Vídeos externos
Prado, P. (2014). A lembranza do ollar (III): Filippo Prosperi e Cándida Otero CCG.

Outros artigos