Samuel Crompton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSamuel Crompton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1753 Editar o valor em Wikidata
Bolton (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1827 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Bolton (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt Peter's Church, Bolton (en) Traducir
Bolton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor Editar o valor em Wikidata
InstrumentoRap Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Crompton-491 Find a Grave: 5805 Editar o valor em Wikidata

Samuel Crompton, nado en Bolton (Lancashire) o 3 de decembro de 1753 e finado na mesma cidade o 26 de xuño de 1827 foi un inventor inglés, pioneiro da industria téxtil.[1] Traballando cos inventos de James Hargreaves e Richard Arkwright creou a spinning mule, unha máquina que revolucionou a industria mundial.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Samuel Crompton naceu no 10 Firwood Fold, Bolton, Lancashire, fillo de George e Betty Crompton (de nacemento Elizabeth Holt of Turton). O seu pai era porteiro do próximo Hall i' th' Wood. Samuel tiña dúas irmás máis novas. Cando era novo perdeu o seu pai e tivo que contribuír nos recursos da súa familia fiando, o que aprendeu empregando a spinning jenny de James Hargreaves.[4] As deficiencias desta máquina impulsárono a tratar de mellorar o aparello, traballando en segredo durante cinco ou seis anos.

O 16 de febreiro de 1780 na igrexa parroquial de Bolton, Crompton casou con Mary Pimlott (ou Pimbley). Tiveron oito fillos, incluído George Crompton (nado o 8 de xaneiro de 1781), que continuou co negocio familiar.[5]

Spinning mule[editar | editar a fonte]

Único exemplo sobrevivente dunha spinning mule construída por Crompton no Bolton Museum.

Arredor de 1779, Samuel Crompton tivo éxito producindo unha mule-jenny, máquina que lograba fíos axeitados para o uso na fabricación de muselina.[6] Coñeceuse como muslin wheel (roda de muslina) ou a Hall i' th' Woodwheel,[7] polo nome da casa en que vivían el e a súa familia.[8] A mule-jenny converteuse máis adiante na spinning mule. Había unha forte demanda para o fío que Crompton estaba a fabricar en Hall i' th' Wood pero faltáronlle os medios para obter unha patente. A espionaxe nos seus métodos forzaron a Crompton a escoller entre destruír a máquina ou facela pública. Decidiuse por esta última alternativa despois de recibir promesas de numerosos fabricantes de pagarlle por usar a súa máquinal. Porén, todo o que recibiu foron unhas 60 libras.[9]

A mule-jenny xiraba as fibras empregando rolos como no marco de Arkwright, mentres que o fuso se movía adiante e atrás 54 polgadas para estricar o fío, e entón recollíao nos fusos como na máquina de Hargreaves. [10] A importancia da mule era que podía xirar o fío mellor que se se fixese a man, o que levaba a obter fibras aínda máis finas. Os fíos grosos (40s) vendíanse por 14 xilins por libra, mentres que o fiado na súa máquina (80s) se vendía a 42 xilins por libra.[11]

"Esta vista de The Hall ith' Wood preto de Bolton. (onde Samuel Crompton inventou a primeira Spinning Mule) ...dedicada con respecto aos fiadores de algodón de Lancashire." Litografía de F. Jones (Day & Son, litógrafos da Raíña), a partir de Selim Rothwell.

Como a mule non foi patentado outros axiña a fabricaron. A máquina foi construída en ferro e aplicouse potencia para axudar ao motor interior en 1790[6] e contra 1834 estaba totalmente automatizada.[12] Unha enquisa de 1812 amosou que había entre catro e cinco millóns de fusos en uso. Crompton non recibiu compensación económica (royalties) polo seu invento.[13][14]

En 1800, conseguiuse unha suma de 500 libras para o seu beneficio mediante subscrición e cando en 1809 Edmund Cartwright, inventor do tear mecánico, obtivo 10 000 libras do parlamento, Crompton decidiuse a solicitar unha subvención. En 1811, fixo unha nos distritos produtores de Lancashire e Escocia para recoller probas que amosasen o extensivo uso da súa máquina e en 1812 o parlamento outorgoulle 5000 libras.[14] Con esta axuda monetaria, Crompton comezou un negocio como branqueador e mercador e fiador de algodón, mais sen éxito. En 1824, algúns amigos como Isaac e Benjamin Dobson, Benjamin Hick, John Kennedy e Peter Rothwell, do Bolton's Black Horse "prosecution" Club, conseguíronlle unha anualidade de 63 libras sen o seu coñecemento.[15][16]

Crompton faleceu na súa casa de King Street, Bolton o 26 de xuño de 1827, e foi enterrado na igrexa parroquial de St Peter's.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Samuel Crompton, the inventor of the spinning mule : a brief survey of his life and work, with which is incorporated a short history of Messrs. Dobson & Barlow in SearchWorks". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  2. Timmins 1996, pp. 21,24.
  3. Jackson, Tim (4 de maio de 2006). "The Fashion Handbook". Routledge. Consultado o 30 de xaneiro de 2017 – vía Amazon. 
  4. Baines 1835, p. 159.
  5. "Is There a Tweaker Driving Innovation On Your Team?". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 Baines 1835, p. 199.
  7. Baines 1835, p. 202.
  8. "Samuel Crompton 1753 - 1827". Consultado o 21 de abril de 2008. 
  9. Baines 1836, p. 199.
  10. Baines 1835, p. 198.
  11. Baines 1835, p. 201.
  12. Baines 1835, p. 207.
  13. Bolton Museum and Arquive Service. "No Financial Reward". www.boltonmuseums.org.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  14. 14,0 14,1 Baines 1835, p. 203.
  15. "Crompton, Samuel". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press
  16. Collingwood. "Black Horse Hotel, Blackhorse Street". Lost Pubs of Bolton. Blogger. Consultado o 10 de marzo de 2015. 
  17. "Manchester Engineers and Inventors". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2010. Consultado o 2008-04-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]